- Entrevista | Fernando Fernández Rego
- Cultura
"Hai que poñer en valor a cultura popular: Andrés do Barro, Ana Kiro, Pucho Boedo... É a que máis chega á xente"
Fernando Fernández Rego publica Andrés do Barro. A xénese do pop en galego (Galaxia), unha obra na que percorre a carreira musical do cantautor ferrolán que acadou catro números un en todo o Estado cantando en galego, un fito nunca repetido e para o que reclama un maior recoñecemento: "Andrés foi o primeiro que fixo pop en galego e foi o primeiro fenómeno fan da cultura galega e en galego"
- Datos
- Cultura
Menos lectores habituais, pero que len máis libros, con só un 8% de compras en galego
Aumenta a poboación lectora, pero diminúen os e as lectoras habituais. Así, a poboación que le todas as semanas descendeu entre o 2022 e o 2025 do 38,2% ao 32,2%; a que leu algún libro no último mes cae do 49,3% ao 43,8%. E o mesmo pasa coa que leu algún libro no trimestre anterior: do 55,5% ao 53,7%
O cambio climático trae a Galicia as 'noites tropicais' asociadas a mal durmir e problemas de saúde
Este venres e sábado -especialmente na noite do venres ao sábado- varias zonas de Galicia rexistrarán o que se coñece como noites tropicais, é dicir, os termómetros superarán os 20 graos en todo momento. As noites tropicais adoitaban ser algo moi excepcional en Galicia, limitado a algún día puntual no medio do verán, principalmente nas zonas litorais do centro e do sur. Porén, nos últimos anos cada vez máis días se rexistran valores mínimos que superan os vinte graos.
O TSXG abre expediente a un avogado polo uso da IA nun recurso que citaba 24 sentenzas inventadas
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de abrir unha peza separada para investigar por posible "mala fe procesual” a un letrado que presentou un recurso con reiteradas “incoherencias ou invencións”, presuntamente elaborado con IA.
- Entrevista | Dolores Vilavedra
- Cultura
"Temos que afortalar o diálogo coas culturas catalá e vasca en previsión dos tempos que veñen"
A pasada semana Dolores Vilavedra foi elixida nova presidenta do Consello da Cultura Galega en substitución de Rosario Álvarez, que finalizou o seu segundo mandato á fronte da institución. Entre as prioridades, a nova presidenta sitúa o fortalecemento das relacións institucionais dentro e fóra de Galicia, intensificando as que mantén co Etxepare Euskal Institutua e co Institut Ramon Llull. Tamén chama a reforzar o papel asesor do CCG e a fortalecer o Observatorio da Cultura.
- Entrevista | Marcos Calveiro
- Cultura
"A conexión emocional que xera a música en galego deixa un pouso que imos notar nos libros"
Marcos Calveiro é o novo director xeral da Editorial Galaxia. O autor, que dende o ano 2022 era director de edicións e amplía agora as súas responsabilidades, confesa que na actualidade se sente mesmo máis satisfeito co seu labor editorial, que comezou hai catro anos co obxectivo declarado de dar entrada a novas voces.
Dez anos sen Agustín: o mestre, o activista, o "piar da literatura galega"
O 12 de xullo de 2016, hai case dez anos, falecía en Vigo Agustín Fernández Paz, unha das mortes máis choradas na cultura galega. O Consello da Cultura Galega vén de publicar a entrada dedicada ao mestre e escritor no Álbum de Galicia, un texto de Manuel Bragado e Isabel Soto
A Coruña e Vigo, chamadas a manifestarse contra a crise da vivenda
En Vigo a Alianza pola Vivenda pide mobilizarse o venres 5 ás 20.30 e na Coruña a marcha convocada pola Plataforma Polo Dereito á Vivenda e o Sindicato de Barrio da Falperra terá lugar o sábado 6 ás 12 horas. As dúas mobilizacións esixen das administracións medidas para abaratar os alugueiros, limitar a especulación, incrementar o número de inmobles públicos ou o control dos pisos turísticos.
A UD Ourense fai historia: sete ascensos en doce anos, o triunfo do "fútbol popular"
O club fundado no ano 2014 por un grupo de seareiros despois da desaparición do equipo histórico da cidade e xestionado democraticamente por eles acada o ascenso á Primeira Federación. Os unionistas derrotaron o Conquense 0-2 e desataron a euforia na Praza Maior de Ourense.
Aparecen en México 200 páxinas inéditas das 'Memorias' de Syra Alonso
Alvarellos presenta El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945), unha versión en castelán dos seus Diarios -a primeira- pero que se amplía cun gran número de valiosos manuscritos achados polo investigador Conrado J. Arranz Mínguez, a cargo da edición da obra.
Os salarios soben un 20% en cinco anos en Galicia, sobre todo os máis baixos grazas ao aumento do SMI
Dende o 2019 o incremento do Salario Mínimo Interprofesional fixo que subiran especialmente os salarios máis baixos (o percentil 10), que en Galicia pasaron dos 8.825 euros anuais en 2019 aos 12.148 euros en 2024, unha suba do 37,7% en cinco anos, case o dobre que a media. Tamén sobe máis o cuartil inferior (o 25% de soldos máis baixos) que o superior (o 25% máis alto).
Á espera dos vindeiros récords de temperatura: a síndrome da ra posta a ferver
A síndrome da ra fervida ten sido empregada como metáfora para alertar da incapacidade dos seres humanos ou das sociedades de percibir un perigo que non é súbito senón que medra gradualmente. Coma o cambio climático e o quencemento global. A temperatura media en Galicia nos últimos anos foi a máis alta dende que hai rexistros, máis dun grao por riba da media do período 1980-2010 e case dous graos máis que os valores máis habituais nas décadas dos 70 e 80 do pasado século.