Dez anos sen Agustín: o mestre, o activista, o "piar da literatura galega"
O 12 de xullo de 2016, hai case dez anos, falecía en Vigo Agustín Fernández Paz, unha das mortes máis choradas na cultura galega. O Consello da Cultura Galega vén de publicar a entrada dedicada ao mestre e escritor no Álbum de Galicia, un texto de Manuel Bragado e Isabel Soto
A Coruña e Vigo, chamadas a manifestarse contra a crise da vivenda
En Vigo a Alianza pola Vivenda pide mobilizarse o venres 5 ás 20.30 e na Coruña a marcha convocada pola Plataforma Polo Dereito á Vivenda e o Sindicato de Barrio da Falperra terá lugar o sábado 6 ás 12 horas. As dúas mobilizacións esixen das administracións medidas para abaratar os alugueiros, limitar a especulación, incrementar o número de inmobles públicos ou o control dos pisos turísticos.
A UD Ourense fai historia: sete ascensos en doce anos, o triunfo do "fútbol popular"
O club fundado no ano 2014 por un grupo de seareiros despois da desaparición do equipo histórico da cidade e xestionado democraticamente por eles acada o ascenso á Primeira Federación. Os unionistas derrotaron o Conquense 0-2 e desataron a euforia na Praza Maior de Ourense.
Aparecen en México 200 páxinas inéditas das 'Memorias' de Syra Alonso
Alvarellos presenta El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945), unha versión en castelán dos seus Diarios -a primeira- pero que se amplía cun gran número de valiosos manuscritos achados polo investigador Conrado J. Arranz Mínguez, a cargo da edición da obra.
Os salarios soben un 20% en cinco anos en Galicia, sobre todo os máis baixos grazas ao aumento do SMI
Dende o 2019 o incremento do Salario Mínimo Interprofesional fixo que subiran especialmente os salarios máis baixos (o percentil 10), que en Galicia pasaron dos 8.825 euros anuais en 2019 aos 12.148 euros en 2024, unha suba do 37,7% en cinco anos, case o dobre que a media. Tamén sobe máis o cuartil inferior (o 25% de soldos máis baixos) que o superior (o 25% máis alto).
Á espera dos vindeiros récords de temperatura: a síndrome da ra posta a ferver
A síndrome da ra fervida ten sido empregada como metáfora para alertar da incapacidade dos seres humanos ou das sociedades de percibir un perigo que non é súbito senón que medra gradualmente. Coma o cambio climático e o quencemento global. A temperatura media en Galicia nos últimos anos foi a máis alta dende que hai rexistros, máis dun grao por riba da media do período 1980-2010 e case dous graos máis que os valores máis habituais nas décadas dos 70 e 80 do pasado século.
- Entrevista | Carmen García Mateo
- Ciencia e tecnoloxía Vigo
"Ante a Xunta faremos valer o anuncio de que o investimento acade o 1% do PIB. Estamos moi lonxe"
Falamos coa nova reitora da Universidade de Vigo, que tomará posesión do seu cargo o vindeiro 25 de xuño. A candidatura que lideraba -Nós Universidade- fixera un chamamento a “dar rumbo á UVigo para pasar da dispersión ao proxecto común, da improvisación á solvencia e de mirarnos cara dentro a ter peso fóra”. Terá seis anos -nun único mandato non renovable- para facelo.
- Entrevista | Alba Rodríguez Saavedra
- Cultura
"Ruth Matilda Anderson supón un desafío ao sistema cultural ao amosar que as mulleres foran invisibilizadas"
En Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes, Alba Rodríguez Saavedra afonda nas causas da invisibilización sufrida pola autora e pregúntase se esta exclusión foi debida á "subversión" que a súa achega introduce na historiografía canónica, elevando a importancia de mulleres e autoras e poñendo en cuestión o monopolio masculino, tanto no mundo do traballo coma no campo intelectual.
Verán cada vez máis adiantado: as temperaturas máximas, preto do récord nun mes de maio
Este mércores espérase que os termómetros acaden os 37 graos en Ourense e que superen os 30 graos nas outras seis cidades do país. En varias comarcas galegas hai aviso amarelo por altas temperaturas a partir das 15 horas
Galicia, potencia en cooperativas: 200 novas iniciativas por ano
En 2025 creáronse 187 cooperativas no país, un dato que multiplica por catro as cifras de hai unha década e que sitúa a Galicia como o segundo territorio do Estado con máis iniciativas deste tipo postas en marcha, só por detrás de Andalucía e moi por diante de comunidades moito máis poboadas. “Detrás destas cifras hai proxectos compartidos e iniciativas con vontade de permanecer no territorio”, destaca EspazoCoop.
Tres festivais para un Martín Códax: a beleza do pequeno fronte ao 'macro'
O Festival Arteficial de Ribadavia, o Surfing the Lerez de Pontevedra e o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela, finalistas na edición 2026 dos Premios Martín Códax, afástanse notablemente do concepto de macrofestival que se impuxo nos últimos anos. Autoxestionados, con formatos pequenos, comodidade para o público e prezos populares: a formula para competir coas grandes citas
- Entrevista | Lois Pérez
- Cultura
"Ler é un acto fundamental de resistencia neste tempo, é transformador: ao ler inicias un diálogo"
Lois Pérez publica Hoxe toca Leiva? (Xerais), unha novela fresca, con moita música e que ule a verán. Que navega entre o lixeiro e o profundo, entre o presente e as mobilizacións políticas da Transición. Falamos con el sobre o libro e tamén -como voceiro da plataforma Transfuguismo non, Democracia si- sobre a mobilización cidadá contra a moción de censura en Lugo.