Galicia consolida a súa dependencia de petróleo e gas ante o estancamento das renovables
En 2024 tan só a cuarta parte da enerxía transformada ou consumida en Galicia foi de orixe renovable, sen melloras nos últimos anos ante o estancamento das fontes renovables, especialmente a eólica. Greenpeace e OGACLI reclaman unha aposta clara polo abandono dos combustibles fósiles e polo aumento da electrificación para "mitigar a crise climática, reducir a contaminación, asegurar a autonomía enerxética e garantir a prosperidade socioeconómica"
A 'Flotilla' a Gaza, interceptada por Israel en augas internacionais
Os buques foron interceptados a medio camiño de Italia e de Grecia por lanchas militares rápidas e "forzas que se identificaron como israelís". A cifra provisional eleva a 21 o número de buques "interceptados" e sinálase que 30 persoas con pasaporte español foron "secuestradas por Israel". Cando menos sete galegas e galegos participan na Flotilla.
A segregación pactada por Vox e PP deixaría fóra o 23% da poboación das cidades galegas
No ano 2025 o 22,8% da poboación empadroada nas sete cidades galegas levaba menos de 10 anos residindo nelas e, polo tanto, ficaría excluída do acceso a determinados recursos públicos de ámbito muncipal, de acordo ao criterio de arraigo esgrimido por VOX e PP.
Os elevados prezos impediron mudarse a 125.000 persoas en Galicia o pasado ano
O 7,4% da poboación galega, unhas 175 mil persoas, buscou "activamente" vivenda durante o pasado ano sen chegar a cambiar de residencia. O principal motivo (o 71%) foi o seu elevado prezo. Galicia é a segunda autonomía na que o prezo elevado foi máis determinante á hora de impedir estes cambios de residencia, só por detrás de Baleares (76%)
- Reportaxe
- Acontece
O biogás acende protestas no rural: entre a xestión de residuos e as dúbidas medioambientais
Nos últimos meses están a reproducirse en varias comarcas mobilizacións sociais contrarias a instalación de plantas de biogás. De Curtis á Laracha, de Abadín a Agolada pasando por Xunqueira de Ambía, Mazaricos ou Lugo. Estas plantas poden contribuír á xestión de residuos, sobre todo cando son de pequeno tamaño. Porén, as críticas veciñais e ecoloxistas alertan do impacto negativo de cheiros, gases contaminantes, afección a terras de cultivo e acuíferos e do aumento do tráfico pesado.
Diana, Rebeca e Rosi: as tres rapazas de Valga que abriron camiño para as mulleres no fútbol
En 1997 o Furia AC de Valga aliñou no seu equipo cadete a Diana Rey Martínez, Rebeca Viñas Arning e Rosa Pardal Aragunde. Esta decisión forzou meses despois ao Comité Galego de Disciplina Deportiva a recoñecer o seu dereito e o de calquera cativa a xogar no fútbol federado. O BNG propuxo no pleno municipal poñerlle os seus nomes ás instalacións deportivas de Campaña, pero a iniciativa foi rexeitada polo PP.
Unha morte no traballo cada semana: a sinistralidade mantense en pleno debate sobre as baixas
O pasado ano houbo 45 mortes en accidente laboral en Galicia, unha cifra "inadmisible" para CCOO que alerta de que "detrás de cada morte hai unha neglixencia ou unha falta de medios de prevención por parte das empresas". O sindicato critica a "prolongada e agresiva campaña da patronal e da Xunta para criminalizar a clase traballadora a conta do mal chamado absentismo".
- Entrevista | Marta Villar
- Cultura
"Os clubs de lectura poden cambiar o mundo. A xente que vai sae mellor persoa"
Hai dous anos Marta Villar gañou o Premio Xerais de novela con Detective Ferruchi, que despois do éxito en galego agora se publica en castelán. En maio presentará ademais un novo libro dirixido ao público infantil e xuvenil, O misterio dos gatos rosas. Na semana do libro, falamos do poder da lectura, sobre todo da que se realiza en colectivo nos clubs de lectura coma os que ela mesma coordina.
A Xunta acepta "por fin" a declaración de zona tensionada para Santiago
O goberno municipal solicitou esta declaración xa o pasado ano, pero a Xunta rexeitou a solicitude en agosto. Oito meses despois, finalmente a medida conta co visto bo do goberno galego. Goretti Sanmartín parabenizouse porque "chegara por fin" unha resolución que permitirá "aplicar medidas de contención de prezos" pero foi tamén crítica coa Xunta, lamentando "que chegue tarde".
A Xunta aplica a súa "neutralidade ideolóxica" e denega a homologación dun curso sobre Palestina
O XXXVI Encontro galego-portugués de Educadoras/es pola paz. Palestina e máis alá. Educar na vida en tempos de xenocidio é unha actividade de formación do profesorado que Nova Escola Galega leva catro décadas organizando e cuxa celebración está prevista para os días, 24, 25 e 26 de abril en Nigrán. A entidade denuncia que a decisión da Consellaría de Educación supón "a aplicación de censura e control ideolóxico"
- Entrevista | Manuel Gago
- Cultura
Un libro para iniciar unha conversa sobre Escocia: "Alí un galego recoñece case todo o que ve"
Manuel Gago vén de publicar Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega (Morgante edicións), un ensaio que é tamén un libro de viaxes (non unha guía turística), pero un libro de viaxes especial, que percura en todo momento estas conexións. "Este é un libro no que ao lelo, se foses camiñando, un pé estaría pisando en Escocia e outro en Galicia, é dicir, que vas avanzando por dous países ao mesmo tempo", di.
O apeadeiro de Valga, primeira apertura na rede convencional tras 40 estacións pechadas dende o 2003
O Ministerio de Transportes licitou a redacción do proxecto para construír un apeadoiro en Valga na liña convencional de tren Vilagarcía-Padrón. A nova estación é "unha reivindicación histórica da zona" e supón un fito a nivel galego. Nas últimas dúas décadas, nas que pecharon 42 paradas, só abriron tres novas estacións ferroviarias en Galicia e todas elas estiveron vinculadas ao desenvolvemento da rede de alta velocidade.