Castelao en Bos Aires: os anos de construción da "Galiza ideal"
Este 5 de novembro a Real Academia Galega inaugura en Pontevedra o ciclo Momentos da cultura galega cunha xornada que analizará os anos de Castelao na capital arxentina
Este 5 de novembro a Real Academia Galega inaugura en Pontevedra o ciclo Momentos da cultura galega cunha xornada que analizará os anos de Castelao na capital arxentina
O 3 de setembro de 1950 comezou a emitirse en Montevideo Sempre en Galicia, o espazo radiofónico estable en galego máis antigo. Hoxe celebra o seu 75 aniversario e faino mantendo a mensaxe e obxectivos iniciais de difusión e dignificación da lingua e cultura entre a diáspora. Todos os domingos en Radio Oriental, agora da man de Toni Seárez.
75 anos despois do seu pasamento, podemos mirar –literalmente– a través das lentes de Castelao. Neste denominado Ano Castelao os avances tecnolóxicos aplicados á arte do audiovisual permítennos achegarnos a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dunha maneira insólita e, á vez, máis empática ca nunca. A exposición Castelao. Mirar por Galicia cumpre un desexo que a realidade impediu: que as xeracións posteriores escoitemos o de Rianxo falar en galego
'Antes de nós' xa está nas salas de cine de toda Galicia. Dirixida por Ángeles Huerta con guión de Pepe Coira, achégase a dous momentos da vida de Castelao e Virxinia Pereira, interpretados por Xoán Fórneas e Cris Iglesias. "Esta é unha película que está en proceso de secularizar a Castelao", salienta a cineasta
Legado Activo Beiras Cal promove o envío dun exemplar do Alba de Groria á axencia cultural da ONU co gallo do día que dedica á diversidade cultural canda un manuscrito das nenas e nenos do CEIP Antía Cal na defensa da escola rural e do galego
Ángeles Huerta presenta o tráiler do filme que se achega a dúas das etapas menos coñecidas da vida do político e artista: a súa intervención como médico durante a gripe de 1918 e a viaxe pola Bretaña tras a perda do seu único fillo