Ano Castelao
- Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
"Eiquí 'Sempre en Galicia'...": o programa de radio en galego máis lonxevo celebra os 75 anos
O 3 de setembro de 1950 comezou a emitirse en Montevideo Sempre en Galicia, o espazo radiofónico estable en galego máis antigo. Hoxe celebra o seu 75 aniversario e faino mantendo a mensaxe e obxectivos iniciais de difusión e dignificación da lingua e cultura entre a diáspora. Todos os domingos en Radio Oriental, agora da man de Toni Seárez.
- 📺 🔊 Reportaxe Ano Castelao
- Cultura Santiago
Sentir a Castelao: Alfonso Daniel fálanos en galego nunha exposición inmersiva
75 anos despois do seu pasamento, podemos mirar –literalmente– a través das lentes de Castelao. Neste denominado Ano Castelao os avances tecnolóxicos aplicados á arte do audiovisual permítennos achegarnos a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dunha maneira insólita e, á vez, máis empática ca nunca. A exposición Castelao. Mirar por Galicia cumpre un desexo que a realidade impediu: que as xeracións posteriores escoitemos o de Rianxo falar en galego
- Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
'Antes de nós' participa da conversa aberta que é Castelao
'Antes de nós' xa está nas salas de cine de toda Galicia. Dirixida por Ángeles Huerta con guión de Pepe Coira, achégase a dous momentos da vida de Castelao e Virxinia Pereira, interpretados por Xoán Fórneas e Cris Iglesias. "Esta é unha película que está en proceso de secularizar a Castelao", salienta a cineasta
O alumnado do cole de Muras ten unha carta para a Unesco
Legado Activo Beiras Cal promove o envío dun exemplar do Alba de Groria á axencia cultural da ONU co gallo do día que dedica á diversidade cultural canda un manuscrito das nenas e nenos do CEIP Antía Cal na defensa da escola rural e do galego
O Castelao "máis íntimo" xa cobra vida no cinema en vésperas da estrea de 'Antes de nós'
Ángeles Huerta presenta o tráiler do filme que se achega a dúas das etapas menos coñecidas da vida do político e artista: a súa intervención como médico durante a gripe de 1918 e a viaxe pola Bretaña tras a perda do seu único fillo
O Museo de Lugo acolle a mostra "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", con fotografías de Xan Carballa
O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar a mostra fotográfica "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", que reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante o regreso a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño de 1984.
- 📺 Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
O cuarto 202: veneración permanente ao "inmorrente" Castelao
O hospital do Centro Gallego de Bos Aires mantén inalterable o cuarto onde faleceu o histórico político galeguista hai 75 anos, mesmo despois da venda do edificio a un grupo sanitario, cuxo contrato especifica que a estancia pertencerá sempre á colectividade galega. "Aquí remóvense os sentimentos do galeguismo", di Ramón Suárez, presidente da histórica entidade.
O recoñecemento de Castelao: do simbólico ao xurídico
Carlos Amoedo
O PPdeG destrúe as pontes co galeguismo
Xoán Antón Pérez-Lema
Así soaba Castelao: o Consello da Cultura recupera a única gravación coñecida da súa voz
Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo de Os vellos non deben de namorarse o 8 de outubro de 1941. Así que enviou un discurso a través dunha fonopostal, que se emitiu no teatro antes da representación
"Convócanos sempre e únenos a todos": o Ano Castelao comeza ao pé do Panteón no seu 75 cabodano
"Temos que celebrar a Castelao porque é o home que nos fixo e nos fará sempre mellores", asegurou Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao, este martes no acto cívico polo 75 cabodano do intelectual, político e creador galego que morreu no exilio en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950