Preparan en Santiago un "acto de veciñanza e cariño" a García Ortiz polo seu labor como "servidor público"
A homenaxe, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril na Casa das Máquinas, en Galeras, está impulsada por Xaquín Leiceaga, Xesús Veiga, Xosé Manuel Rivadulla, Lourenzo Fernandez, Encarna Otero e Marta Lois. Quérese recoñecer "todo o que fixo cando estivo na Fiscalía de Medio Ambiente" e tamén "o seu traballo veciñal".
Máis de 130.000 persoas poden beneficiarse en Galicia da prórroga extraordinaria de alugueiros
Un dos dous decretos aprobados polo Consello de Ministros para paliar os efectos da guerra prevé a conxelación dos contratos de alugueiro que venzan no que resta de 2026 e durante todo o ano 2027 e limita ao 2% o incremento do prezo a pagar. O Ministerio de Consumo elaborou un informe no que calcula que en Galicia 132.237 inquilinos e inquilinas se atopan nesta situación, nun total de 58.772 contratos
"O leite é noso e nós sabemos o que custa producilo": o sector reacciona ante a baixada de prezos
Este venres houbo varias protestas gandeiras ante plantas leiteiras en Lugo e Curtis, onde mesmo un cambión cisterna procedente de Portugal foi interceptado e o seu produto vertido ao chan, en protesta polas importacións de leite doutros territorios europeos. Ademais, o SLG celebrou en Guitiriz o seu Congreso do Sector do Leite, que denunciou que "seguimos sometidos á práctica unilateral das industrias" e alertou de que "están a xogar co futuro das nosas granxas"
A república malva de Lola Ferreiro, unha terra que segue a xermolar
Este venres presentouse en Compostela, nun emotivo acto, a web do proxecto Saúde, pracer, república e terra malva, que busca recoller o legado da actividade da psiquiatra, docente e activista feminista, finada hai ano e medio. A iniciativa está impulsada polas entidades Feitoría Verde, Libraría Lila, Atalaias, Arabías e Illa Bufarda, agrupadas baixo o nome colectivo de UTE-pías Feministas.
- Entrevista | Luma Gómez
- Cultura
"Ao teatro e á cultura nunca se lles regala nada, todo hai que conseguilo cun esforzo enorme"
Luma Gómez (Ferrol, 1951) recibirá o 8 de abril o Premio de Honra Marisa Soto, que entrega a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) no marco dos Premios María Casares. Fundadora de Teatro do Noroeste (1987) e da propia AAAG, comprometida sempre coa profesión, representou máis de medio cento de obras e a súa traxectoria é fundamental para entender o teatro galego do último medio século.
É esta a derradeira vez que adiantamos a hora? Un complexo camiño por diante
Na madrugada do sábado ao domingo cambiaremos unha vez máis os nosos reloxos: ás dúas serán as tres. Este cambio e o que terá lugar en outubro (de regreso ao horario de inverno) son os últimos fixados por unha orde publicada no BOE. A partir de aí haberá de tomar a decisión de mantelo nos anos seguintes ou suprimilo. E, se se suprime, escoller un dos dous horarios como permanente.
O sector leiteiro loita por sobrevivir con custos de produción á alza e prezos da industria á baixa
Gandeiros e gandeiras denunciaron este luns ante a sede de Lactalis en Vilalba "as fortes baixadas no prezo do leite nas renovacións dos contratos" que están ofrecendo ás granxas mentres a guerra de Irán eleva os custos fixos das granxas. Alertan tamén da entrada en Galicia de excedentes de leite de Portugal e Francia a baixo prezo.
"As Casas-niño son un proxecto moi necesario no rural, pero non pode funcionar á custa das traballadoras"
O servizo impulsado pola Xunta de atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos en concellos rurais funciona cun sistema de falsas autónomas que dende hai anos veñen denunciando a súa precariedade laboral. Falamos cunha destas educadoras, que decidiu pechar a súa instalación despois de case oito anos de servizo. O BNG vai levar ao Parlamento unha proposta de reforma.
- Entrevista | Rosa Crujeiras
- Ciencia e tecnoloxía
"Non sei a cantos reitores preguntaron polas súas circunstancias familiares. No meu caso foi unha constante"
A pasada semana Rosa Crujeiras (Ribeira, 1978) impúxose con claridade na segunda volta das eleccións ao reitorado da Universidade de Santiago. A catedrática de Estatística converteuse na primeira reitora da institución nos seus máis de 500 anos de historia. Todo un fito. Falamos con ela sobe os retos que vai ter que enfrontar no seu mandato e as súas primeiras medidas.
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Acontece A Coruña
A memoria dos deportados coruñeses aos campos nazis: "A xente debe asumir como súa esta historia"
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica leva anos traballando na recuperación da memoria dos galegos enviados aos campos de concentración. Na Coruña, en colaboración co concello, instalaron xa 17 stolpersteine fronte ás vivendas dos deportados e agora vén de publicar os dous primeiros capítulos dun podcast no que afondan na vida destas persoas. Falamos con Carmen García Rodeja e David Lozano.
- Datos
- Acontece
Hai xa 563 mil galegos no estranxeiro, pero só o 23% naceu en Galicia
563.303 galegos e galegas viven de forma permanente no estranxeiro, unha cifra en ascenso acelerado nos últimos anos grazas á Lei de Netos, pois 2026 marcou un récord nas novas inscricións. Tan só o 23% destre padrón exterior naceu en Galicia, unha porcentaxe en descenso e que corresponde, sobre todo, a persoas de idade avanzada.
De Irán ao campo galego: a suba de gasóleo e fertilizantes tensiona o sector agrogandeiro
Dende o 28 de febreiro o litro de gasóleo agrícola encareceuse un 32%, máis aínda que o do Gasóleo A ou a Gasolina 95. Produtores agrícolas e gandeiros, o mesmo que os sindicatos do sector, veñen alertando destas subas, que cualifican de "especulativas" e esixen das distintas administracións medidas que axuden a paliar a suba dos seus custos de produción