As misteiras da Coruña: a chama que prendeu a primeira folga xeral de Galicia
O Ateneo Aurora e o colectivo Refuxios da Memoria convocan para este domingo unha homenaxe ás traballadoras da Fábrica de Mistos ao pé do seu monumento na praza de Monforte. Os actos lembran a folga iniciada por elas en abril de 1901 e que foi, entre outras, prólogo da folga xeral que paralizou a cidade a finais de maio e que desencadeou unha dura represión contra obreiros e obreiras na que morreron oito persoas e ducias resultaron feridas ou encarceradas.
50 mil vivendas, sobre todo na Coruña: os grandes núcleos da construción en Galicia
O Ministerio de Vivenda publica un estudo que analiza as principais bolsas de solo dispoñibles para a construción de novos inmobles. O documento identifica en Galicia 24 sectores en sete concellos (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Miño, O Barco de Valdeorras e Sanxenxo) nos que nos vindeiros anos se poderían construír 49.526 novas vivendas, 22 mil delas na cidade herculina.
Recomendacións para a eclipse das nosas vidas: prever aglomeracións e coidar os ollos
O Consello da Cultura publica un documento elaborado por expertos con consellos para a cidadanía e as administracións, buscando a seguridade persoal e colectiva o vindeiro 12 de agosto, momento da eclipse total de Sol. As medidas buscan axudar a “vivir con seguridade un fenómeno que traerá desprazamentos masivos xa que é unha oportunidade única”.
- Datos
- Economía
Galicia duplica en dous anos os puntos de recarga de vehículos eléctricos, pero é o segundo territorio con peores datos
A finais do pasado ano Galicia superou os dous mil puntos de recarga en rúas e estradas, un 20% máis que o ano anterior. Porén, o ritmo de crecemento foi inferior á media española, o que sitúa Galicia como a segunda comunidade autónoma con peor infraestrutura de recarga de vehículos electrificados
Cando Álvaro Pino comprou unha vespino: 40 anos da última vitoria galega na Vuelta
O ciclista de Ponteareas gañou entre abril e maio de 1986 a Vuelta a España, un triunfo que o converteu nun ídolo de masas, un dos símbolos da Galicia dos 80 e que mesmo entrou a formar parte dunha canción dos Resentidos. Lembramos os detalles da vitoria do corredor, que anos máis tarde foi tamén director de varios equipos, entre eles o Xacobeo-Galicia.
- Entrevista | Christoph Schreinmoser
- Mundo
"É un erro que as cuestións internacionais non teñan máis peso. Galicia debería estar na UNESCO e en ONU Turismo"
Christoph Schreinmoser, profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na UDC, é o novo director do IGADI, que chega aos 35 anos de actividade, todo un logro para un think tank independente, galeguista e con vocación universal, que traballa para "comprender o mundo desde aquí" e "proxectar Galicia no contexto internacional". Falamos sobre os retos da entidade para os vindeiros anos, sobre a necesidade de mellorar a acción exterior de Galicia e sobre a crise do Dereito Internacional e das súas institucións.
Que bonita é a radio! Cuac FM fai 30 anos e reivindícase como espazo para contar historias
A emisora comunitaria da Coruña está a celebrar o seu trixésimo aniversario dunha programación de actividades. Cunha grande implantación social na cidade, segue a pelexar pola obtención da licenza de emisión á que ten dereito por lei. Falamos con Paula Alonso, Mariano Fernández e Tomi Legido.
- Entrevista | Xoán Lagares
- Cultura
"Hai que ter estratexias claras de promoción internacional da lingua e da cultura galega"
A Asociación Internacional de Estudos Galegos, que reúne 400 investigadores galegos no estranxeiro ou estudosos da cultura galega doutros países, celebrou o pasado ano o seu 40 aniversario e prepara o seu 15º congreso trianual, o ano que vén no Brasil. Falamos co seu presidente, Xoán Lagares, profesor na Universidade Federal Fluminense.
Pacifismo e compromiso social na nova 'Irimia', agora trimestral e de "lectura pausada"
A revista publica o seu número 1.078, que introduce cambios estéticos na publicación (32 páxinas a toda cor), que pasa a publicarse cada tres meses nunha aposta pola "análise demorada e a reflexión con densidade". Baixo o lema “A Humanidade en pé de Paz”, esta entrega céntrase no rexeitamento da guerra e do militarismo e trata tamén a defensa do rural.
A nova 'excepción Ibérica': as renovables reducen o prezo da electricidade na Península
A diferenza no prezo da electricidade entre a Península e a maior parte de Europa, onde o custo da luz se está a disparar, explícase pola aposta de España e Portugal polo uso de fontes renovables para a produción eléctrica e a súa cada vez menor dependencia das importacións de gas fósil. Falamos con Xosé Veiras (OGACLI), que reclama "un pacto político e social amplo sobre o desenvolvemento das renovables" e a electrificación da economía.
Preparan en Santiago un "acto de veciñanza e cariño" a García Ortiz polo seu labor como "servidor público"
A homenaxe, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril na Casa das Máquinas, en Galeras, está impulsada por Xaquín Leiceaga, Xesús Veiga, Xosé Manuel Rivadulla, Lourenzo Fernandez, Encarna Otero e Marta Lois. Quérese recoñecer "todo o que fixo cando estivo na Fiscalía de Medio Ambiente" e tamén "o seu traballo veciñal".
Máis de 130.000 persoas poden beneficiarse en Galicia da prórroga extraordinaria de alugueiros
Un dos dous decretos aprobados polo Consello de Ministros para paliar os efectos da guerra prevé a conxelación dos contratos de alugueiro que venzan no que resta de 2026 e durante todo o ano 2027 e limita ao 2% o incremento do prezo a pagar. O Ministerio de Consumo elaborou un informe no que calcula que en Galicia 132.237 inquilinos e inquilinas se atopan nesta situación, nun total de 58.772 contratos