A eclipse das nosas vidas nunha cidade desbordada: entre as nubes e a ilusión
A nebulosidade de última hora impediu unha experiencia completa na Coruña, cidade sinalada como unha das máis idóneas para observar un fenómeno irrepetible. O anoitecer máxico e efémero paliou un chisco a decepción para as máis de 225.000 persoas que ateigaron praias e rúas.