A Zona Vella de Santiago gusta menos que hai 30 anos polo efecto do turismo
Unha enquisa realizada polo Grupo Gálabra amosa a crecente visión crítica das persoas locais con respecto ao perfil dos visitantes. O traballo realizado foi presentado este mércores nun encontro organizado polas asociacións de veciños Fonsexa e A Xuntanza no Museo do Pobo Galego baixo o título de “Pulsar o corazón da nosa cidade: o turismo desexado”.