“Tourists go home? Perspectivas e propostas para o turismo na Galiza”. Santiago de Compostela: AGAL-Através editora. ISBN: 978-84-10491-14-4
Este é un libro de 130 páxinas que integra cinco ensaios breves sobre o turismo na Galiza hoxe. Todos teñen en común unha perspectiva crítica do que os autores denominan “modelo turístico Xacobeo”, e que encadramos nunha liña de pensamento moralista do turismo, que ten producido de forma dispersa algunhas reflexións intelectuais sobre os efectos do turismo na Galiza, aínda que sen unha grande base técnica e científica.
Este é un libro de 130 páxinas máis 6 de bibliografía (escasa), que integra cinco ensaios breves sobre o turismo na Galiza hoxe. Todos teñen en común unha perspectiva crítica do que os autores denominan “modelo turístico Xacobeo”, e que encadramos nunha liña de pensamento moralista do turismo (Bernardo e Pereiro, 2020), que ten producido de forma dispersa algunhas reflexións intelectuais sobre os efectos do turismo na Galiza (ex. Lestegás Tizón, 2025), aínda que sen unha grande base técnica e científica. A lingua de publicación do ensaio en cuestión é o portugués, política seguida pola editora Através e que normaliza o bi-normativismo galego-portugués na Galiza, algo que algúns propoñen como solución aos conflitos lingüísticos dos contextos galegos.
Neste texto de revisión da obra, para alén de mostrar sumariamente o contido e argumentos chave dos ensaios deste interesante libro, realizarei unha crítica da súa crítica do turismo galego, que estes autores realizan de forma impresionista. Comezarei por explicar quen son os autores, a súa formación e enfoques do turismo, logo detallarei para o lector os argumentos principais dos ensaios, para logo cuestionar e avaliar criticamente a súa contribución para os debates científicos, técnicos e sociopolíticos do turismo galego.
O currículo dos autores1 mostra que só un dos autores (Santiago Rodríguez Caramés) é académico, isto é, desenvolve o seu traballo na universidade, ademais dos cinco autores ningún deles investigou ou traballou sobre turismo. Isto faime lembrar un comentario que me fixo fai uns anos unha técnica municipal do Norte de Portugal, que chegou a dicirme na miña cara que ela sabía moito de turismo porque viaxaba moito. O turismo é un tema banal entre as persoas, é como o fútbol ou o tempo atmosférico, e en particular, todo o mundo pensa que é un especialista en turismo por facer viaxes turísticas neste mundo de mobilidade permanente. Desta forma, vexo este libro como unha aproximación reflexiva e política de non especialistas en estudos turísticos a unha temática banalizada socialmente, pero tamén pouco comprendida. O coordinador da obra é José João R. Rodrigues, filólogo, Anxo Rabuñal Rey defínese como escritor e investigador da Arte, Javier H. Rodríguez é xornalista, Santiago Rodríguez Caramés é historiador da arte na Universidade da Coruña e Elena Martín Lores é xornalista, documentalista e tradutora.
Neste texto de revisión da obra, para alén de mostrar sumariamente o contido e argumentos chave dos ensaios deste interesante libro, realizarei unha crítica da súa crítica do turismo galego, que estes autores realizan de forma impresionista
O primeiro dos ensaios breves, da autoría de José João R. Rodrigues presenta o problema a tratar en todo o libro: a relación entre o turismo e as comunidades e a irritación causada nelas polo turismo, causando un conflito, un tema moi abordado, desde diferentes perspectivas nos estudos turísticos, analizando os complexos efectos do turismo nas comunidades e nos visitantes tamén. E desde o inicio do seu texto lanza unha crítica ao modelo turístico “Xacobeo” por significar un proceso de acumulación de capital e hexemonía española, unha elaboración e promoción discursiva dunha Galiza ancestral e mítica, para contemplar pero non para falar dela como un suxeito político colectivo. Esta visión é cuestionada e matizada en traballos científicos como o magnífico libro do historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas (2023) sobre o proceso de xacobeización da sociedade galega.
José João R. Rodrigues nega que o Xacobeo sexa unha marca para promover as peregrinacións a Santiago de Compostela, e afirma que é un “dispositivo para a construção da normalidade capitalista numa Galiza sujeita a Espanha” (Rodrigues, 2025: 13), resultado do réxime do 1989 inaugurado por Manuel Fraga Iribarne no inicio do seu mandato como presidente da Xunta de Galicia. Cuestionar o Xacobeo é segundo este ensaio ir contra o progreso, a modernidade e a propia Galiza. Como nos outros textos deste libro colectivo, o autor non adopta unha postura anti-turismo, senón unha posición crítica contra os excesos, abusos e malos comportamentos de algúns turistas e dos modelos turísticos depredadores que crean efectos negativos nas comunidades (ex. Mariña de Lugo, Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela- entrada do camiño francés de Santiago de Compostela). O autor admite resistencias comunitarias fronte aos malos comportamentos de algúns turistas (ex. no Barrio de San Pedro crearan regras de convivencia entre os turistas e os habitantes locais, hoxe asumidas polo Concello de Santiago de Compostela), reflexiona sobre a necesidade de poñer límites ao crecemento do turismo, que non é infinito, e potenciar os turistas que interacionan cordialmente e respectuosamente cos locais e as comunidades.
Este primeiro ensaio tamén cuestiona: a) a eventización promovida polo Xacobeo (ex. festivais como o Son do Camiño, impulsado polo fundo pro-israelita KKR), que ten como fin a domesticación das masas e o apagamento dos conflitos e das tensións, para o cal se utilizan instrumentos como as liñas editoriais de determinados xornais e a distribución de diñeiros públicos para o turismo; b) o afastamento das propostas comunitarias nos debates políticos sobre o turismo galego. O ensaio remata cunha proposta de tarefa para repensar o turismo na Galiza.
O segundo ensaio breve deste libro é obra de Anxo Rabuñal Rey, titulado “É cruzando o céu que a lua enche. Un tour sobre o turismo”, que pasa revista ás diferentes formas de viaxe, algo non novo en antropoloxía e socioloxía do turismo. O autor foca a súa atención na peregrinación xacobea, que considera hoxe máis turismo, comercio e deporte que relixión, espiritualidade e devoción. As súas reflexións sobre os significados das viaxes, como un ritual de iniciación, a procura do exótico e das diferenzas culturais ou o regreso delas con souvenirs como forma de recordación e construción da memoria social. Máis adiante acusa o turismo de forma de imperialismo, unha das teorías antropolóxicas (que o autor non cita) con máis impacto nos anos das décadas de 1970 e 1980, e defende a idea de que outra forma de viaxar é posible, non sabemos ben cal.
Sen embargo, no Camiño de Santiago abundan hoxe o que o autor denomina como “turigrinos”, peregrinos que non prestan atención a nada, viaxan unha bola de emocións propias e afastados do mundo á súa volta, para alén de procurar experiencias particulares que non reciben, pois viven o mesmo do que noutros lugares (algo, isto último, sobre o cal discordamos e a investigación científica cuestiona sobradamente). O Camiño de Santiago converteuse nun espectáculo de consumo envolvido nunha imaxe falsa de Galiza como unha reserva de natureza pura, salvaxe e silvestre, (na que paradoxalmente non se poden ocultar os eucaliptos...) e a cultura foi convertida nun instrumento político para atraer turismo. O autor acusa o retorno e beneficio do turismo como unha falacia, que utiliza a ideoloxía UNESCO do patrimonio cultural e a cultura como instrumentos de prosperidade. Utilizando unha famosa cita de Mar Llinares e José Carlos Bermejo Barrera, na cal clasifican de suicida e aberración o uso do turismo cultural na planificación económica da Galiza, Anxo Rabuñal presenta aquí un dos ensaios máis críticos co turismo galego, interpretando este como ruína, fantasía económica, instrumento alienador dos problemas e exclusión do talento local. Cal sería entón a alternativa ou a diferenza?
o último ensaio breve do libro é da autoría de Elena Martín Lores, baixo o título de “Conviver face ao turismo. A resistência vicinal da Galiza”. No meu entender, o mellor ensaio do libro, pois aborda unha problemática pouco tratada na Galiza, as reaccións da sociedade civil fronte aos excesos e efectos negativos do turismo
O terceiro ensaio breve do libro é da autoría de Javier H. Rodríguez e titúlase “De Manuel Fraga a Alfonso Rueda, peregrinos como ti. O negocio Xacobeo”. O seu texto é menos opinativo que os anteriores e máis historicista, facendo unha crónica detallada da orixe e evolución do “Xacobeo”, desde o 1992 ata a actualidade. Nunha escrita chea de detalles etnográficos e boa documentación histórica, a súa análise crítica considera o Xacobeo como unha política de propaganda e comunicación de masas, na cal participaron axentes sociais como os políticos do Partido Popular Manuel Fraga Iribarne e Víctor Vázquez Portomeñe e o cantante Julio Iglesias. Ademais, Javier H. Rodríguez, realiza unha fina análise da plataforma de contratos públicos da Xunta de Galicia, que demostra a desigualdade interesada na distribución de diñeiros públicos aos grupos de comunicación (da dereita mediática), e na atribución da organización de grandes eventos e de obras públicas construción e reforma patrimonial a determinados grupos de interese. Este aparato empírico permite ao autor escribir cunha autoridade cognitiva e reflexiva que ilumina criticamente a rede clientelar montada “dedocraticamente” (a dedo e sen concursos competitivos) que o autor prefire definir como “ecosistema de contratación”. O seu texto remata cunha reflexión sobre a hexemonía cultural galega e o controlo das industriais culturais galegas por parte de determinados grupos de poder, que lanzan mensaxes aos grupos subalternos, críticos e disidentes: ou estás comigo ou contra min, lealdade, fidelidade, silencio e ausencia de conflito se queres sobrevivir.
O cuarto ensaio é obra de Santiago Rodríguez Caramés, co título “Un lugar de ensueño. Uma historiografia do turismo na Galiza através do campo intelectual. Euforias, reações e oposições”. No seu texto realiza unha aproximación exploratoria á historia da construción da imaxe turística da Galiza desde inicios do século XX, pero non define nin delimita ben o que no título sinala como “campo intelectual galego”. A formación de historiador deste autor leva a entender o turismo como un instrumento do desenvolvemento da Galiza, apoiado nunha imaxe romantizada e rexionalizante para a cal teñen contribuído políticos, fotógrafos, arquitectos e intelectuais. Notamos en falta aquí unha análise máis afinada das diferentes visións do turismo protagonizadas polo galeguismo, pero iso non invalida o interese do texto, que na segunda parte analiza a mudanza do paradigma devocional ao secular na promoción do Camiño de Santiago a partir do ano santo de 1993, cando se inventou o Xacobeo e os seus mitos non sen contradicións. O Xacobeo é interpretado por este autor como un modelo de turismo de masas, interpretación algo discutible e cuestionable desde unha visión académica crítica. O modelo Xacobeo, no cal incluí o “efecto Gaiás” da arquitectura estrela da Cidade da Cultura de Galicia, musealiza as nosas cidades, convertidas en parques temáticos e non lugares para habitar e convivir (tamén con turistas). Este modelo transforma a paisaxe lingüística actual, algo xa advertido polo xeógrafo Xosé Manuel Santos Solla nos finais dos anos 1990. A conclusión do autor é que o modelo Xacobeo significa destrución cultural.
Fronte a iso, os efectos tan negativos do modelo Xacobeo, nunha visión parcial do autor, provocan reaccións de turismofobia en lugares como o Salnés e a Ría de Arousa... creo que confundindo o modelo Xacobeo co modelo de sol e praia das Rías Baixas anterior ao modelo xacobeo, ben analizado criticamente por investigadores das universidades galegas como Breixo Martins, Carmen Padín e tantos outros que non cita ou non coñece o autor deste breve ensaio. O ensaio remata cunha análise sintética das motivacións e significados da peregrinación xacobea, considerada turismo e protagonizada por turistas, algo moi certo e que algúns deslexitiman e non gustan de recoñecer. En síntese, o autor lanza unha alerta sobre o sobreturismo, os seus efectos negativos e a falta de políticas que mitiguen, corrixan, limiten ou eviten estes, pero tamén é certo que por veces confunde Santiago de Compostela con toda a Galiza (xa de por si diversa) e o Xacobeo coa diversidade de modelos de desenvolvemento turístico galegos, non analizados neste ensaio, e que non provocan exclusivamente efectos negativos no territorio galego, senón tamén positivos, por outro lado interpretados de diferentes formas.
E o último ensaio breve do libro é da autoría de Elena Martín Lores, baixo o título de “Conviver face ao turismo. A resistência vicinal da Galiza”. No meu entender, o mellor ensaio do libro, pois aborda unha problemática pouco tratada na Galiza, as reaccións da sociedade civil fronte aos excesos e efectos negativos do turismo. Con base nunha metodoloxía cualitativa (entrevistas con líderes asociativos e de movementos sociais), esta autora dá luz sobre os casos de resistencia veciñal aos maleficios do turismo en Cangas- Morrazo - Vigo, o Carnaval de Xinzo de Limia e o barrio de San Pedro (Santiago de Compostela).
Esta xornalista focalízase nos seus métodos de reflexión-consciencia-acción-reacción fronte a un turismo descontrolado e mal planificado, que crea desigualdades e altera negativamente a vida das comunidades. Para alén dos casos de estudo presentados, a análise desta autora é moi fecundo é problematiza algunhas solucións en debate: a taxa turística, os límites ao turismo e á especulación inmobiliaria, o turismo de calidade ou turismo elitista de clase, o problema do modelo turístico a desenvolver, o problema da cantidade de visitantes, a xestión do ben común, a escoita e atención aos veciños, a superación do “correcto” (máis ben o “correctismo” como ideoloxía practicada pola TVG e outros discursos oficiais...), e a crítica da ideoloxía de que canto máis turismo mellor.
O remate deste último ensaio é moi revelador do que está acontecendo nalgúns lugares da Galiza por causa da falta ou da mala planificación do turismo e da non articulación coas actividades comunitarias e locais: a degradación dos lugares, a expulsión e desprazamento de persoas, a ameaza para as tradicións culturais galegas. E unha outra cousa queda clara neste ensaio, a resistencia veciñal non é odio ao turista, senón que os movementos de resistencia queren ser escoitados, e tidos en atención nas políticas do turismo que deben subliñar o dereito a habitar, a que a cidadanía decida o futuro dos seus territorios e non o Mercado, xunto coa reflexión sobre os beneficios e maleficios do turismo.
O libro non presenta conclusións nin unha análise comparada da diversidade dos ensaios breves que o integran, se ben o primeiro texto, o do coordinador, tenta, non consigue facer ese traballo necesario. Do punto de vista formal, e aínda que é un conxunto de ensaios, falta ao meu ver o aparato teórico-científico e erudito para sustentar moitos dos argumentos utilizados
En xeito de valoración da contribución deste ensaio colectivo, podemos afirmar o seguinte: O libro non presenta conclusións nin unha análise comparada da diversidade dos ensaios breves que o integran, se ben o primeiro texto, o do coordinador, tenta, non consigue facer ese traballo necesario. Do punto de vista formal, e aínda que é un conxunto de ensaios, falta ao meu ver o aparato teórico-científico e erudito para sustentar moitos dos argumentos utilizados. Os lectores non poden confiar nunha mística opinativa dos autores, que non son especialistas en estudos turísticos nin técnicos de turismo. Relativamente ao contido do libro avaliamos o seguinte:
A perspectiva epistemolóxica do libro é parcial e deixa de fora unha ponderación máis seria dos efectos do turismo e a súa complexidade. En poucas partes do texto son ponderados os efectos positivos cos negativos do turismo, os directos, cos indirectos e os inducidos. E tampouco diferencian entre efectos obxectivados e percibidos.
O texto simplifica o turismo galego e reduce este ao modelo Xacobeo, algo que se ben é moi importante e/ou hexemónico para algúns, non é o único. Os autores deixan de fora modelos de desenvolvemento turístico actualmente en vigor na Galiza como o turismo rural, o agroturismo (de menor expresión), o turismo transfronteirizo con Portugal, o turismo de sol e praia, o turismo de eventos, etc. É adecuado o actual modelo de turismo rural para a Galiza ou debe ser máis agroturístico? Esa pregunta non é feita no libro e representa unha lagoa para pensar a vocación turística da Galiza.
O modelo turístico Xacobeo produce sempre un aumento de capital e concentración del en poucas mans como afirman os autores do libro? Ou o modelo é mais redistribuidor e ten efectos multiplicadores na prosperidade e dinámicas de diversas zonas da Galiza? As repostas non son simples nin sinxelas e os autores descoñecen os traballos científicos que dan respostas complexas e certas a esas cuestións chave
Os autores do libro parecen descoñecer que a marca “Xacobeo” é pouco coñecida internacionalmente como produto turístico, o que é realmente coñecido é o “Camiño de Santiago de Compostela”, que hoxe xa unha rede de camiños de turiperegrinación e que se tornou un modelo internacional para a creación de rotas turístico-culturais.
O turismo é outra forma de falar de relacións de poder, e esa é a mirada dominante neste conxunto de ensaios breves, pero a súa análise crítica descoida que o modelo Xacobeo tamén foi remodelado e (re)inventado polo galeguismo de esquerda durante o goberno bipartito (2 de agosto de 2005 a 16 de abril de 2009, formado polo PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego - BNG), sendo responsable polo turismo o catedrático de Xeografía, Rubén Camilo Lois González. Nótase en falta no libro unha análise comparativa da política e dos efectos desa mudanza política.
O modelo turístico Xacobeo produce sempre un aumento de capital e concentración del en poucas mans como afirman os autores do libro? Ou o modelo é mais redistribuidor e ten efectos multiplicadores na prosperidade e dinámicas de diversas zonas da Galiza? As repostas non son simples nin sinxelas e os autores descoñecen os traballos científicos que dan respostas complexas e certas a esas cuestións chave.
O modelo Xacobeo é só un modelo turístico-cultural? É así tan hexemónico? Superou xa a súa capacidade de carga ou os limites de tolerancia á mudanza, no sentido antropolóxico? Ou as comunidades do camiño francés tamén utilizaron este para resistir e protestar contra a depredación dos recursos naturais e culturais galegos, como no caso da contestación masiva ao proxecto de celulosa ALTRI en Palas de Rei? É o turismo unha forma de resistencia e adaptación? O turismo galego está en mans alleas ou dos galegos?
Non se pode reducir o turismo galego a Santiago de Compostela e máis algunhas antenas, vistas desde a néboa. Tampouco se pode deixar de analizar a fileira ou cadea de valor do turismo para ver a quen beneficia realmente este, se ás multinacionais alleas ao territorio ou aos propios galegos.
Ao final, cal é o modelo que é proposto polos autores para o turismo na Galiza? Hai alternativa? Cal? Hai diversidade de opcións? Hai formas de maximizar os beneficios do turismo ou todo o turismo crea desigualdades? O turismo non pode ser protagonizado desde o xiro comunitario, sostible, responsable e inclusivo? O libro en causa non se achega e estes planexamentos, tan necesarios como urxentes
Ao final, cal é o modelo que é proposto polos autores para o turismo na Galiza? Hai alternativa? Cal? Hai diversidade de opcións? Hai formas de maximizar os beneficios do turismo ou todo o turismo crea desigualdades? O turismo non pode ser protagonizado desde o xiro comunitario, sostible, responsable e inclusivo? Ten a Galiza unha vocación territorial turístico-cultural, como defendeu a Xeración Nos e o SEG (Seminario de Estudos Galegos) ou nin iso? Pode o turismo na Galiza crear culturas de hospitalidade, de acollemento e de encontro que leven a unha verdadeira comprensión e respecto intercultural? Cal debería ser a relación do turismo co sector agrario, comercial e industrial galego. O libro en causa non se achega e estes planexamentos, tan necesarios como urxentes.
En definitiva, un libro interesante para provocar o pensamento e a reflexión sobre o turismo na Galiza, pero con evidentes eivas e puntos fracos, que acaba por abrir un debate tradicionalmente máis concentrado nos estudos científicos dos investigadores do turismo galego, que veñen tratando con profundidade, rigor e seriedade crítica estes asuntos.
Referencias bibliográficas citadas:
-Andrade Cernadas, Xosé Miguel (2023): As peregrinacións a Compostela. Mito, historia e falsidades. Vigo: Xerais.
-Bernardo, Edgar e Pereiro, Xerardo (2020): “Responsible Tourism: Cosmetics, utopia or reality. An analysis of scientific literature”, en International Journal of Tourism Anthropology, vol. 8, nº 1, pp. 22-43. DOI: 10.1504/IJTA.2020.113923 Online en: https://www.inderscience.com/jhome.php?jcode=ijta E en: https://repositorio.utad.pt/handle/10348/11668
-Lestegás Tizón, Iago (2025): O paradoxo do turismo. Santiago de Compostela: Sermos Galiza.
Notas
1 José João R. Rodrigues nasceu no bairro corunhês de Peruleiro em 1998. Foi escolarizado, portanto, com as NOMIG de 2003. Cursou a graduação de Língua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela e nesta altura frequenta um mestrado de Literatura, Cultura e Diversidade na Universidade da Coruña. Na atualidade mora em Santiago de Compostela e faz parte da Junta Reitora do Espaço Clara Corbelhe, do seu Conselho de Redação e do de Novas da Galiza, onde também coordena a equipa de correção linguística. Fonte: https://gentalha.org/2024/03/apresentacom-do-livro-assim-nasceu-uma-norma/
Anxo Rabuñal Rey es investigador privado, escritor y editor intermitente, librero en Novaniké, curador, docente, paseante y fingidor. Coeditor de las revistas Favorita y Trilateral (con Xelís de Toro y Pepe Sendón, 1985-89), editó entre muchos otros libros el Teatro Proletario de Cámara de Osvaldo Lamborghini (2008). Entre sus publicaciones: Barcelona Murs (con Genís Cano, 1991), O Lado da Sombra: sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas (2005), Català-Roca en Compostela (2014), “O problema da existencia” (2015), “Cómo se cuelga un cuadro” (2017), y Escribir y dibujar, en el fondo, no son lo mismo (con Martí Peran, 2019). Fonte: https://www.edicionesdelserbal.com/anxo-rabunal-rey
https://gl.wikipedia.org/wiki/Anxo_Rabu%C3%B1al_Rey
Javier H. Rodríguez. Coordinador en Galiza de “El Salto”. Traballei para elDiario.es, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Campo Galego ou GCiencia. Coautor de Tourist, go home?(Através, 2026). Agora, cun ollo na política e o outro no medio ambiente. Podes contarme o que queiras en jhrodriguez@elsaltodiario.com. Fonte:
https://www.elsaltodiario.com/autor/javier-h.-rodriguez#
Santiago Rodríguez Caramés é profesor asociado tipo-3 na área de Historia da Arte do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña e colaborador externo do grupo GI-1510 Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC-IDEAHS). É graduado en Historia da Arte (2012–2016) e Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (2016-2017), ambas titulacións cursadas na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta institución desenvolveu a súa tese de doutoramento intitulada O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe sob a dirección de Jesús Ángel Sánchez García e que foi defendida en abril de 2023. Durante a súa etapa predoutoral contou cun contrato no marco do Programa de Formación do Profesorado Universitario (convocatoria de 2017) do Ministerio de Universidades. Así mesmo, realizou unha estancia de investigación no Centro de Investigação Transdisciplinar «Cultura, Espaço, Memória» (CITCEM) da Facultade de Letras da Universidade do Porto. Como especialista en arquitectura contemporánea, ten participado en obras colectivas como Antonio Palacios: soños de modernidade, compromiso con Galicia (Museo do Mar de Galicia, 2020), Efímero y virtual: rescates digitales de artefactos provisionales (Universidad de Jaén, 2022), Arquitecturas añoradas: memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX (Trea, 2023) e História da Arquitetura. Perspetivas Temáticas (III). A Rua na Estrutura Urbana (CITCEM, Santa Casa da Misericórdia do Porto, 2024). Entre as súas publicacións en revistas indexadas en Scopus e Web of Science destacan a súa inclusión no número especial sobre o 25 aniversario do Museo Guggenheim en Espacio, tiempo, forma. Serie VII Historia del arte (nº 10, 2022), Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte (nº 22, 2023) e RA. Revista de arquitectura (nº 26, 2024), así como os traballos aceptados e pendentes de publicación en Cuadernos de estudios gallegos (nº 138, 2025) e Boletín de arte (nº 47, 2025). Tamén publicou noutras revistas científicas e de divulgación como Mazarelos (nº 2 e 3, 2020), Glaucopis (nº 26, 2021; e nº 29, 2024), Sémata (nº 34, 2022), Varia (nº 4, 2023) e Anuário: textos completos do Caseto...em claracorbelhe.gal (nº 2, 2024). No relativo a congresos, xornadas e seminarios, cómpre destacar o Congreso Internacional «A rua na estrutura urbana: 500 anos da Rua das Flores» (Porto, 2021), organizado polo CITCEM (UPorto); «Fiesta y Humanidades Digitales. Propuestas virtuales de artes efímeras» (Madrid, 2022), organizado pola Universidade Nacional de Educación a Distancia; ou a 15th Conference of the European Association for Urban History (Antuerpen, 2022), organizada pola EAUH e a Universiteit Antwerpen. No marco de proxectos de investigación colectivos, o investigador formou parte como membro do equipo de traballo nas axudas de Consolidación da Xunta de Galicia (2020–2022) para Grupos con Potencial de Crecemento (ED431B 2020/41); e, financiados polo programa Xeración do Coñecemento (convocatorias de 2019, 2022 e 2023, respectivamente) da Axencia Estatal de Investigación, nos proxectos MEPAGAL (PID2019-105009GB-I00), ARSOGAL (PID2022-137098NB-I00) e PERMORIA (PID2023-149178NB-I00).
Fonte: https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/FK7KN
https://www.ideahs.es/santiago-rodriguez-carames
Elena Martín Lores é realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Ten un Máster en Tradución e Novas Tecnoloxías pola Universidade Oberta de Catalunya (UOC) e está especializada en subtitulado e tradución audiovisual de xaponés e inglés. Realiza a subtitulación dos seus proxectos documentais, como «Arinomoude», sobre as pontes culturais entre Galicia e Xapón a través das rutas de peregrinaxe. Cofundadora da cooperativa de comunicación Xarda, colabora con medios como O Salto Galiza, GCiencia, Píkara Magazine ou Vinte, onde ten publicado pezas sobre tradución e intelixencia artificial, ademais de cubrir temáticas ambientais, feminismos, dereitos LGBTIQ+ e loitas rurais. Viviu en Osaka entre 2014 e 2018, experiencia que marcou tanto o seu traballo de tradución como a súa obra creativa e documental. Tamén é cocreadora do podcast de cine «O Teleclube». Forma parte do xurado de subtitulación e dobraxe ao galego nosXIV Premios ATRAE. Fonte: https://premios.atrae.org/elena-martin-lores/