Que turismo?
A taxa turística chega a Vigo o 1 de outubro
O concello vigués aproba definitivamente o tributo turístico, que xa rexe hai un ano na Coruña e Santiago, con varios descontos sobre os topes legais permitidos pola Xunta. Ata o 1 de xullo de 2027 a taxa viguesa só gravará as dúas primeiras noites e non o máximo legal de cinco. Para os cruceiros insire unha moratoria dun ano
A Xunta gaba que os hoteis ingresaron un 6,9% máis este xullo coa mesma clientela que o ano pasado
O BNG pide "regular a afluencia de visitantes" e primar a convivencia fronte o "turismo a granel"
Santiago recada 1,76 millóns de euros nos primeiros 9 meses de taxa turística
O Concello presenta unha marca para informar de como os cartos recadados son destinados a proxectos de diversificación turística e de "mellora da vida das persoas que viven en Compostela"
A acumulación de turistas obriga a pechar As Catedrais malia o sistema de reservas
Hai unha década a Xunta deu en implantar un límite de algo menos de 5.000 visitantes por día nos meses máis turísticos do ano, o que non impide aglomeracións en horas concretas como as vividas este martes
A patronal dos pisos turísticos negou dedicarse á hospedaxe para tentar anular as limitacións en Santiago
A sentenza do litixio no que a 'Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia' tentou frear os límites ao seu negocio na capital galega vén de adquirir firmeza tras rexeitar o Tribunal Superior todos os seus argumentos
A Zona Vella de Santiago gusta menos que hai 30 anos polo efecto do turismo
Unha enquisa realizada polo Grupo Gálabra amosa a crecente visión crítica das persoas locais con respecto ao perfil dos visitantes. O traballo realizado foi presentado este mércores nun encontro organizado polas asociacións de veciños Fonsexa e A Xuntanza no Museo do Pobo Galego baixo o título de “Pulsar o corazón da nosa cidade: o turismo desexado”.
A Xunta aínda non sabe que facer con Galicia Calidade no turismo
O Goberno galego encarga a unha consultora que lle diga como reestruturar a empresa pública un ano despois de estender ao turismo o uso dunha marca creada en 1990 para produtos e coa que o Goberno de Rueda gaba tamén a súa propia acción política
Un millón de euros nun trimestre: a taxa turística comeza a dar froitos na Coruña e Santiago
Entre outubro e decembro a recadación roldou os 600.000 euros en Santiago e os 400.000 na Coruña. A pesar das alertas lanzadas polo PP, a posta en marcha do novo tributo non semella afectar ás cifras de visitantes: estes aumentaron de forma importante na cidade herculina e en Compostela, aínda que se reduciron, fixérono en menor medida que en Vigo, aínda sen taxa turística.
A Coruña ingresou 400.000 euros no primeiro trimestre de aplicación da taxa turística
A taxa comezou a aplicarse o 29 de setembro. Estímase que a recadación final superará o medio millón de euros nos tres últimos meses do ano, un período no que o número de visitantes aumentou un 14%. A alcaldesa, Inés Rey, destaca a importancia destes cartos para a mellora dos servizos públicos e da calidade do sector turístico.
- Datos Que turismo?
- Economía
Galicia recibe máis turistas estranxeiros ca nunca, pero gastan menos
O pasado ano chegaron 1,89 millóns de visitantes dende fóra do Estado español, un 3,1% por riba do anterior máximo. Porén, o gasto medio por turista e día pasou de 165 a 150 euros. Galicia roldará a cifra total do nove millóns de turistas no ano 2025, fronte aos 8,2 millóns de 2024, segundo as estimacións da Xunta
A burbulla das cabanas turísticas no monte: Medio Ambiente validou un cento só en 2025
A lei galega que permite "campamentos turísticos" en solo rústico está sendo aproveitada para construcións que pouco teñen que ver cos tradicionais cámpings, sector que discrepa deste novo modelo