O turismo estranxeiro aumenta as noites que fai en Galicia, o 28% do total no que vai de ano
O sector hoteleiro aumentou un 4% as súas tarifas a respecto do pasado ano e un 17% sobre 2019, segundo a Xunta
O sector hoteleiro aumentou un 4% as súas tarifas a respecto do pasado ano e un 17% sobre 2019, segundo a Xunta
O peso do sector turístico en Galicia sobre o total das persoas asalariadas (10,99%) achégase xa á media do conxunto do Estado español (13,14% na actualidade). No 2022 superouse o récord de visitantes e pernoctacións en Galicia e espérase que neste 2023 se volva rexistrar un máximo histórico
Só no encoro dos Peares hai 10 autorizados e solicitudes para outros 11, o que levou á Confederación Miño-Sil a suspender novas autorizacións e encargar unha planificación que garanta a compatibilidade de usos
O Concello compostelán lanza a campaña coa que procura que os turistas se comporten de maneira máis "consciente". Non acampar na rúa, "respectar o descanso" da veciñanza ou preservar os edificios históricos, entre as peticións dun código que, di o goberno local, pretende "concienciar as persoas que nos visitan para minimizar as accións que afectan negativamente ao patrimonio ou ao día a día da veciñanza"
En Galicia funcionan de xeito legal case 20 mil establecementos deste tipo, un 15% que hai seis meses. Sanxenxo segue a ser o concello cunha maior cantidade, pero as cifras aumentan con moita máis rapidez nas dúas maiores cidades do país.
O pasado ano as persoas residentes en Galicia realizaron 8,7 millóns de viaxes, preto do máximo histórico anterior á pandemia. O récord si se bateu no gasto total realizado e tamén nas cifras de viaxeiros e viaxeiras chegadas a Galicia. Espérase que neste 2023 se superen todos os indicadores.
Rueda anuncia un millón de euros en descontos en aloxamento e restauración para "animar a que máis mozos sigan facendo o Camiño" tras un novo ano de récord nas peregrinacións
O Xacobeo é dende 1993 unha historia de éxito evidente a nivel turístico e económico. Porén, nos últimos tempos agromaron tamén críticas pola saturación de visitantes que se produce, especialmente en Compostela
Nos últimos tres anos o número de vivendas de uso turístico rexistradas legalmente disparouse en Vigo (pasou de 379 a 1.055) e na Coruña (de 365 a 793), superando con claridade os datos de Compostela, que dende hai tempo aplica controis e restricións, especialmente nos barrios con máis concentración. Tamén Pontevedra comezou a aplicar restricións a esta actividade económica
A Xunta planifica as próximas campañas publicitarias co foco na natureza, a cultura, a gastronomía e a concienciación “para ofrecer un bo trato aos turistas”, pero ten xa a vista posta na “década xacobea, coa celebración de dous en 2027 e 2032”
Na vila carnotá o 9% dos inmobles do termo municipal están rexistrados legalmente como vivendas de uso turístico. Sanxenxo achégase ao 8% (7,84%) e tamén Fisterra, O Grove, Corcubión, O Vicedo e Muxía superan o 5%. Na zona vella compostelá a porcentaxe supera tamén o 5%.