O Instituto de Saúde Carlos III eleva a 392 o número de mortes en Galicia por mor da calor dende o pasado 15 de maio. 198 mortes corresponden só a agosto
Durante o mes de agosto 198 persoas producíronse en Galicia 198 mortes atribuíbles ás altas temperaturas. Parte do mes que vén de rematar estivo marcado por unha vaga de calor que levou os termómetros a valores extremos e que intensificou os efectos máis nocivos do cambio climático. As estimacións realizadas polo sistema de Vixilancia da Mortalidade diaria (MoMo) xestionado polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). que monitoriza os excesos de mortalidade en España, eleva a 392 o número de mortes en Galicia por mor da calor dende o pasado 15 de maio.
Trátase da cifra máis elevada dende o inicio destes rexistros, en 2015, superando xa -á espera dos datos correspondentes ao mes de setembro- os valores máis altos ata agora, fixados en 2023 (317). Os catro valores máximos desta serie histórica corresponden aos catro últimos anos: 2022, 2023, 2024 e 2025.
Trátase da cifra máis elevada dende o inicio destes rexistros, en 2015, superando xa -á espera dos datos correspondentes ao mes de setembro- os valores máis altos ata agora, fixados en 2023 (317)
O mes de agosto de 2025 foi igualmente o agosto con máis mortes (198), como tamén sucedera en xuño. Os datos de xullo só foron superados polos do ano 2022.
As mortes rexistradas en Galicia pola calor dende o 15 de maio supoñen o 10,7% de todas as producidas no conxunto do Estado. Tan só en Cataluña e Madrid, con moita máis poboación que Galicia, houbo máis mortes relacionadas coas altas temperaturas.
Tan só en Cataluña e Madrid, con moita máis poboación que Galicia, houbo máis mortes relacionadas coas altas temperaturas
Estes falecementos afectaron en Galicia, segundo o ISCIII, máis a mulleres (266) que a homes (126). E, sobre todo, a persoas de 85 anos ou máis, grupo de idade que concentra 297 das 391 mortes estimadas. Porén, tamén no grupo de idade de 75 a 84 anos houbo un número significativo de decesos por esta causa (90).
297 das 391 mortes corresponderían a persoas de 85 anos ou máis
Cómpre aclarar que só unha parte destas mortes notifícanse como directamente causadas polas altas temperaturas (por exemplo os golpes de calor). Porén, o efecto negativo das altas temperaturas, sobre todo cando estas se estenden no tempo, provoca un debilitamento da saúde, especialmente en persoas de idade avanzada ou aqueixadas por outras patoloxías.