Este venres e sábado celébrase en Pontevedra unha nova entrega da Pont-Up Store, o encontro de emprendemento que chega á súa 12ª edición e no que este ano participan 50 propostas empresariais
Este venres e sábado celébrase en Pontevedra unha nova entrega da Pont-Up Store, o encontro de emprendemento que chega á súa 12ª edición e no que este ano participan 50 propostas empresariais. O evento pon o foco nesta ocasión no cooperativismo, sumándose á iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas que declarou este 2025 Ano Internacional das Cooperativas baixo o lema ‘As cooperativas constrúen un mundo mellor’.
Entre as propostas presentadas hai algúns elementos comúns que semellan marcar unha tendencia: destaca a elevada presenza de emprendementos impulsados por mulleres (foron o 62% das 150 candidaturas presentadas), tamén a gran cantidade de proxectos iniciados en concellos non urbanos e do rural galego. E, igualmente, cómpre salientar o crecente impacto das ferramentas de intelixencia artificial, presentes en moitas das iniciativas.
Tamén gaña peso o emprendemento ligado ás industrias culturais e creativas, que protagonizarán varias actividades do programa recollendo unha das tendencias do ecosistema emprendedor galego que nos últimos anos está experimentando un gran recoñecemento e abrindo camiños de internacionalización.
Entre as propostas presentadas hai algúns elementos comúns que semellan marcar unha tendencia: destaca a elevada presenza de emprendementos impulsados por mulleres (foron o 62% das 150 candidaturas presentadas), tamén a gran cantidade de proxectos iniciados en concellos non urbanos e do rural galego
En total, ás 40 iniciativas que acudirán a Pontevedra esta fin de semana para presentar as súas ideas de negocio ás que hai que sumar outros 15 emprendementos que de forma rotatoria pasarán polo stand da Xunta de Galicia para presentar as súas iniciativas.
32 empresas contarán cun stand na carpa da Praza do Concello e nalgúns casos realizarán tamén actividades demostrativas dos seus produtos ou servizos dentro do programa. Ademais, oito emprendementos van presentar modelos de negocio de alto potencial ao xurado da Pont-Up Venture o venres pola tarde mediante un pitch de 3 minutos que lles dará acceso a oportunidades de financiamento.
Ademais, a edición deste ano recupera o espazo 10 minutos de gloria para presentar tres deses emprendementos: a asistente virtual galega deseñada para coidar e entreter a persoas maiores, Serenia; o Uber para tractores, Agrolistik; e a plataforma Gastrovisual que converte a carta do restaurante nun menú interactivo en vídeo que amosa a calidade, os ingredientes e a preparación.
Propostas de emprendemento, sobre todo dende a Galicia vilega e rural
Unha das propostas máis rechamantes é a que presenta a empresa Agro4Impact (Sanxenxo), que trae á Pont-up Store Agrolistik, unha app mobil que, basicamente, é un Uber de tractores que conecta propietarios de leiras con tractores (e tractoristas) dispoñibles na súa zona
Entre as propostas de emprendemento que se verán nestes dous días en Pontevedra destaca o gran número das procedentes de vilas e concellos rurais, abranguendo todo tipo de temáticas. Así, está Cienporcel (Cenlle), que agrupa a pequenos produtores e elaboradores de Porco Celta. Tamén Cultivo Gallego (Portas), especializado no cultivo biointensivo, que permite obter produtos de alta calidade grazas á rexeneración activa dos solos, a través de prácticas como a rotación de cultivos, o uso de abonos orgánicos e a integración de animais no ciclo agrícola. Ou, por exemplo De Lú-Cosmética Gallega Con Ritmo Rural (Maside), especializada na creación de cosmética sólida e natural.
Temos así mesmo a Masel (Cangas), ferramenta de xestión para hostelería con IA integrada, que axuda a reducir as marmas en cociña e barra e incorpora un sistema de reserva de mesas para erradicar as reservas pantasma. Ou a Serenia Solutions (Moaña), que desenvolve un asistente IA para a terceira idade. E GastroVisual (Meis), unha plataforma que converte a carta de restaurante nun menú interactivo en vídeo

Tamén destaca PROA2 Care, un leite de inicio para lactantes elaborado con leite 100% A2 procedente de vacas galegas das razas Holstein e Jersey en réxime de pastoreo. Esta iniciativa dunha empresa lucense achega a composición da fórmula á do leite materno
Igualmente, está Hana No Boshi (Pontedeume), dedicada á sombrerería artesanal. Tamén Martietas de Fío (Bergondo), marca de galletas artesanais. E Chorima Cosmética Atlántica (A Estrada) ou Nicoletos barefoot (Cangas), marca de calzado respectuoso. Finalmente, Quimera (Bueu) é unha editorial de xogos de mesa en galego, que conta xa cun primeiro xogo xa publicado en estado de comercialización, "Tes Terras?", e un segundo en estado de preprodución.
Unha das propostas máis rechamantes é a que presenta a empresa Agro4Impact (Sanxenxo), que trae á Pont-up Store Agrolistik, unha app mobil que, basicamente, é un Uber de tractores. Trátase dunha plataforma dixital que conecta propietarios de leiras con tractores (e tractoristas) dispoñibles na súa zona, a través dunha app sinxela, facilitando os traballos de limpeza e roza das leiras, con podas e con outros traballos agrícolas. Agro4Impact é unha startup tecnolóxica spin-off da Universidade de Vigo.
Tamén está en Pontevedra Serenia Solutions (Moaña), que desenvolve un asistente IA para a terceira idade
Tamén destaca PROA2 Care, un leite de inicio para lactantes elaborado con leite 100% A2 procedente de vacas galegas das razas Holstein e Jersey en réxime de pastoreo. Trátase dunha formulación innovadora desenvolvida pola empresa PROA2 Health (Lugo) que mellora a dixestibilidade e achega a composición da fórmula á do leite materno. A previsión é comercializar a mediados do 2026. PROA2 Health é unha empresa pioneira en Galicia, xurdida dun grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia en nutrición e no desenvolvemento de alimentos seguros e saudables.