- Reportaxe Dereito á vivenda
- Acontece A Coruña
24 familias da Coruña, en risco de expulsión das súas vivendas por un holding inmobiliario
Veciños e veciñas de cando menos tres edificios da Coruña recibiron burofaxes das empresas Artabria Homes e Brigantia Real Estate que os informaban de que debían abandonar os seus inmobles en canto finalizasen os seus contratos de alugueiro en vigor. Os inquilinos e inquilinas organizáronse co apoio do Sindicato de Vivenda e dun avogado para defender o seu dereito a quedar nas súas casas cunha prórroga ao abeiro da zona tensionada.
Así foron as folgas xerais en Galicia: cinco décadas de mobilización da clase traballadora
Nas últimas décadas foron moitas as folgas xerais convocadas en Galicia: máis ou menos unitarias, de 24 horas ou só de 2 ou 4 horas de duración, por motivos laborais e económicos ou por outras cuestións, coma as guerras en Iraq ou o xenocidio en Palestina. Repasamos algunhas destas convocatorias ás portas da folga xeral pola vivenda convocada para o vindeiro 11 de novembro
Volve mudar a hora, sen supresión do cambio á vista
Na madrugada do sábado ao domingo volverá cambiar á hora, de xeito que ás 3 serán as 2. Nos días seguintes amencerá máis cedo e o Sol tamén se porá antes. Este ingreso no horario de inverno é o último que está recollido no BOE. Porén, a Comisión Europea publicou xa no Diario Oficial da UE os días nos que a hora debe cambiar na primavera e no outono entre os anos 2027 e 2031.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Onde vai o diñeiro dos alugueiros? Barrios céntricos e clases altas reciben máis rendas inmobiliarias
Os datos da Axencia Tributaria correspondentes ano ano 2024 amosan que é nos barrios con maior renda total onde as rendas inmobiliarias teñen un maior peso sobre os ingresos totais. Ademais, nas cinco meirandes cidades galegas as persoas con ingresos superiores aos 30.000 euros anuais reciben o 59% de todas as rendas inmobiliarias. A porcentaxe chega ao 64% en Compostela.
- Datos 11N Folga Xeral
- Economía
A conflitividade laboral dispárase en Galicia ás portas do 11N: a maior cifra de folgas dende o 2009
Só entre xaneiro e agosto participaron en folgas laborais en Galicia máis traballadores e traballadoras que nos 12 meses de todos os anos dende o 2009. Os case 50 mil participantes en folgas no que levamos de ano multiplican por oito as cifras de 2025. Galicia é o segundo territorio con maior incidencia dos paros laborais, só por detrás de Euskadi
Beiras en libros: unha homenaxe á desobediencia
Repasamos as obras que o propio Beiras publicou na súa intensa traxectoria e as que outros lle dedicaron. Textos polos que pasa a política, a análise económica e os cambios sociais de Galicia das últimas décadas, páxinas nas que agroma a rebeldía, a desobediencia, as chamadas á acción. O legado en palabras de Xosé Manuel Beiras.
O IPC dispárase ao 5,5% en Galicia, a inflación máis alta do Estado
En setembro a suba interanual do IPC situouse en Galicia seis décimas por riba do dato de agosto (4,9%). Os carburantes seguen a ser os principais responsables do incremento e acumulan un encarecemento do 30% nos últimos 12 meses que, iso si, permitirá que en novembro se manteña a axuda completa de 20 céntimos por litro aprobada polo Goberno do Estado
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
A vivenda, cada vez en menos mans: o país de pequenos propietarios concéntrase aos poucos
Por primeira vez hai menos persoas cun só ben inmobiliario -vivendas, locais comerciais, garaxes...- que persoas multipropietarias. As persoas con máis dunha vivenda suman case o 45% do total aínda que os titulares de máis de 5 inmobles seguen a ser unha minoría.
- Datos
- Economía
A Galicia que madruga vive peor: os barrios que dependen máis do seu traballo teñen menos renda
Fronte aos barrios urbanos máis pobres, con renda medias por fogar entre os 25.000 e os 30.000 euros anuais e nos que as rendas do traballo achegan case o 85% dos ingresos, nos barrios con máis renda gañan importancia outras fontes de riqueza xeradas polo seu capital (accións bursátiles, fondos de investimento...) ou polo seu patrimonio inmobiliario (por exemplo, as rendas de alugueiro)
- Entrevista | Tanxugueiras
- Cultura
"Nada hai máis poderoso que sentirse parte dun lugar e máis cando todo se globaliza"
Tres anos despois de converterse no primeiro grupo que enchía o Coliseum da Coruña (con capacidade para 9.000 persoas) cantando en galego, as Tanxugueiras redobran a aposta. O vindeiro sábado 17 de outubro volven ao recinto para presentar O Cuarto, o seu novo álbum, nunha noite repleta de sorpresas. Falamos con Aída Tarrío.
Beiras: seis décadas de encrucilladas para explicar a historia política de Galicia
Beiras atravesa e é atravesado pola historia política de Galicia, da que en moitas ocasións foi protagonista e motor principal, e que sen o seu concurso tería sería moi diferente en varios momentos e encrucilladas. Tivo varias vidas (políticas), todas coherentes entre si e que probablemente non se entenden na súa totalidade sen poñelas en relación coas anteriores
- Datos Cara ao 29N
- Política
Así votamos nas Xerais en Galicia: máis votos para a esquerda, máis escanos para a dereita
As candidaturas de esquerda veñen obtendo máis votos que as dereitas, pero esta vantaxe non se traduciu moitas veces na obtención dun maior número de representantes, debido á dispersión do voto progresista e á dificultade para obter escanos en Lugo e Ourense. En 2023, cunha vitoria mínima para as forzas progresistas (+30 mil votos), o PP obtivo 13 dos 23 postos en xogo.