SOS Racismo reclama políticas contra a discriminación nun informe que detalla dous graves casos galegos

Concentración polo asasinato de Yoel Quispe na Coruña © SOS Racismo

O informe anual da entidade inclúe 600 denuncias en todo o Estado, das que destaca unha ducia de situacións, entre elas dúas sucedidas na Coruña

Hai uns días SOS Racismo publicou o seu informe anual correspondente ao ano 2024, que recolle case 600 casos de agresións, discriminacións e outras accións motivadas polo racismo no conxunto do Estado español. Entre estes casos, en distintas situacións ámbitos (laboral, na procura dunha vivenda, denegación de acceso a servizos, accións a cargo da Policía...) detállanse varios que tiveron lugar en Galicia. 

Entre as denuncias, atópanse un gran número relacionadas coa denegación de servizos públicos (o 23% do total). Un deses casos é o de Jhonatan, un home negro de 34 anos residente na Coruña que sufría problemas de saúde mental e recibía atención por parte dos servizos sociais da súa cidade. Porén, erros cometidos no seu seguimento acabaron por provocar unha situación na que o mozo morreu a disparos da Policía. SOS Racismo critica que "o protocolo dos procedementos e o mal funcionamento do sistema" permitiron que Jhonatan "volvese á rúa sen o debido coidado necesario".

Axentes no lugar no que o home morreu a disparos da policía, no polígono da Agrela, na Coruña © Imaxe TVG

Na primeira, critica que erros cometidos na atención a un home que sufría problemas de saúde mental acabou coa súa morte a disparos da Policía. "Sen este apoio crucial, Jhonatan sufriu brotes psicóticos que o levaron a comportamentos erráticos, como romper espellos de coches estacionados na vía pública", sinálase no informe

Este coidado tería requirido dun contacto constante cos seus familiares próximos, que non residen na cidade e o acceso a unha medicación adecuada para tratar a súa enfermidade, sinala a entidade. Porén, "sen este apoio crucial, Jhonatan sufriu brotes psicóticos que o levaron a comportamentos erráticos, como romper espellos de coches estacionados na vía pública", sinálase no informe. "Un día, mentres sufría alucinacións propias dun episodio de brotepsicótico, as autoridades foron alertadas e responderon cunha intervención cun tráxico desenlace", explica SOS Racismo. O home morreu a consecuencia dos disparos da Policía.

Detállanse, ademais, denegación de acceso a servizos privados (por exemplo na entrada a locais de hostalaría ou dificultades para alugar unha vivenda), racismo laboral e, igualmente, varios casos de violencia policial.

Na segunda, detalla a agresión física sufrida por unha muller que coidaba unha persoa da terceira idade

No informe hai tamén espazo para as agresións racistas, que supoñen o 18% dos casos denunciados. Trátase de accións de todo tipo, que suceden no espazo público e tamén en lugares privados e no día a día do traballo das persoas migrantes e de razas distintas á branca. No documento detállase por exemplo o caso de María, que chegou a España hai un ano e medio e traballa na Coruña. A finais de febreiro do pasado ano, cando a señora á que coidaba foi ingresada no hospital, María experimentou "un episodio de violencia física e psicolóxica que reflicte como o racismo e os prexuízos poden xurdir mesmo en relacións laborais aparentemente cotiáns", destaca SOS Racismo.

Concentración polo asasinato de Yoel Quispe na Coruña © SOS Racismo

Para mellorar a situación das persoas afectadas polo racismo, a federación presenta tamén unha serie de "propostas políticas públicas antirracistas con impacto político e social

María acompañou durante dous días a muller no hospital e nese momento regresou á casa para cambiar a súa roupa e cargar o móbil. Alí recibiu a visita da irmá da muller que coidaba, que lle recriminou que antes non atendera a súa chamada telefónica. "A señora entrou, tiroulle do pelo, tirouna contra a parede e pegoulle. Había cámaras. Dicía que lle quería quitar as chaves da casa. Non a quería deixar saír. Ao final María conseguiu abrir a porta e saír e montou nun taxi", detalla o informe. María, que chegou ao hospital coa boca sangrando, presentou unha denuncia ante a Policía cun parte de lesións.

Unha foto fixa da situación e un chamamento ás administracións

Entre as denuncias, hai un gran número relacionadas coa denegación de servizos públicos. Hai tamén espazo para as agresións racistas, denegación de acceso a servizos privados (por exemplo na entrada a locais de hostalaría ou dificultades para alugar unha vivenda), racismo laboral e, igualmente, casos de violencia policial

A entidade aclara que o seu informe non pretende ser "unha representación exhaustiva nin estatisticamente representativa da realidade do racismo e a discriminación no Estado español", senón "unha fotografía limitada, pero significativa das situacións que se rexistran e chegan ás oficinas das organizacións que forman parte da Federación SOS Racismo". Hai, por suposto, moitos máis casos de racismo que os denunciados no informe, pero este revela situacións e conflitos aos que a sociedade debería empresar máis atención e poñer no foco.

Como resposta a estes casos "e para mellorar a situación das persoas afectadas polo racismo", a federación presenta tamén unha serie de "propostas políticas públicas antirracistas con impacto político e social". Estas recomendacións están dirixidas a representantes e cargos políticos, representantes das institucións xudiciais e policiais, principalmente, así como aos ámbitos da educación, a sensibilización, os medios de comunicación, as redes sociais e as propias comunidades migrantes, xitanas e "racializadas".

Mobilización de SOS Racismo no ano 2020 © SOS Racismo

SOS Racismo alerta de que a Unión Europea, co apoio dos seus estados membros, está a efectuar "un endurecemento progresivo das súas políticas en materia de migracións, asilo e diversidade"

No informe, SOS Racismo alerta de que a Unión Europea, co apoio dos seus estados membros, está a efectuar "un endurecemento progresivo das súas políticas en materia de migracións, asilo e diversidade", unhas posicións que na práctica "van mostrando un crecente desaxuste entre os discursos sobre dereitos humanos e as prácticas institucionais".

Advirte ademais contra o incremento da importancia de "novas formas de racismo", que se desenvolven no ámbito dixital. "O racismo atopou no mundo dixital un novo territorio para reproducirse e expandirse, pero tamén pode e debe ser o espazo onde se reafirmen os valores de igualdade, xustiza e convivencia", destaca a entidade.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.