Ata o 7 de xullo os propietarios de 8.416 VUT galegas realizaron a solicitude para ser inscritas no rexistro do Ministerio de Vivenda e operar legalmente
Dende o pasado 1 de xullo é obrigatorio que todas as vivendas de uso turístico (VUT) e alugueiros de tempada estean inscritos no rexistro posto en marcha polo Ministerio de Vivenda en colaboración co Colexio Oficial de Rexistradores. A partir de agora, para poder funcionar sen incumprir a lei, estes pisos turísticos deberán dispoñer deste número de rexistro e facelo constar nas plataformas nas que se anuncien (Airbnb, Booking...) e noutros materiais promocionais
Ata o 30 de xuño os propietarios de 6.829 VUT galegas realizaran a solicitude (a maior parte son aceptadas). Unha semana despois son xa 8.416 as solicitudes galegas, cun incremento de 1.587 en sete días. Trátase aínda dunha cifra cativa en relación ao número total de piso turísticos existentes en Galicia.
A Xunta mantén dende hai anos un rexistro obrigatorio, que ata o mes de xuño sumaba un total de 27.899 vivendas. Isto significa que tan só o 30,16% destes pisos turísticos realizaron ata agora a solicitude
A Xunta mantén dende hai anos un rexistro obrigatorio, que ata o mes de xuño sumaba un total de 27.899 vivendas. Isto significa que tan só o 30,16% destes pisos turísticos realizaron ata agora a necesaria solicitude para formar parte do rexistro posto en marcha polo Ministerio de Vivenda.
Tamén o Instituto Nacional de Estatística (INE) iniciou ahi tempo unha estatística experimental, que emprega a técnica do web scraping, que mediante programas de software extrae os datos das tres plataformas máis utilizadas de aloxamento turístico en España. Estas medicións levadas a cabo polo INE adoitan entregar un dato inferior ao faciltado pola Xunta, unha diferenza que vai aumentando co paso dos anos. Na última publicación, correspondente ao mes de maio deste ano, a cifra limítase a 19.996 vivendas de uso turístico, oito mil menos.
Mesmo en relación coa cifra facilitada polo INE, o número de solicitudes presentadas ante o Ministerio de Vivenda ficaría no 42% do total.
O INE emprega a técnica do web scraping, que mediante programas de software extrae os datos das tres plataformas máis utilizadas de aloxamento turístico en España, para a súa estatística experimental, que cifra en 19.996 as VUT galegas
No conxunto do Estado, o número de solicitudes presentadas ata o 7 de xullo elévase ás 255.172, con grandes diferenzas entre unhas e outras comunidades autónomas, destacando os datos de Andalucía, Baleares, Canarias, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Desas algo máis de 255 mil solicitudes, 118.321 están activas de maneira definitiva, 102.732 son provisionaiss (pendentes de verificar polo Colexio de Rexistradores, que ten un prazo de quince días para facelo) e 22.368 foron revogadas.
En Galicia, ademais das 8.416 solicitudes de rexistro de VUT, foron presentadas 568 relativas a alugueiros de tempada, é dicir vivendas que se alugan por periodos inferiores a un ano destinados a "estudantes, traballos temporais ou estadías durante tratamentos médicos".
Unha vez rexistrada a solicitude, outórgase un número de rexistro provisional que permite operar en plataformas en liña e que debe ser mostrado en cada anuncio. Ese número será activado con carácter definitivo unha vez sexa certificado polo Rexistrador o cumprimento dos requisitos, ou revogado no caso de que non se cumpran e non se emenden nun prazo oportuno.
Diferenzas entre o rexistro da Xunta e as estimacións do INE
Nas zonas rurais e en xeral en concellos cun número pequeno de VUT, as cifras achegadas polo INE son maiores, o que podería estar indicando a existencia nestes lugares de inmobles que alugan nas plataformas online sen estar rexistradas pola Xunta
Nas medicións do INE sobre o número de pisos turísticos, cuxa última entrega foi publicada este martes, chama a atención a importante diferenza existente coas cifras do rexistro aberto pola Xunta. As dúas bases de datos empregan fontes moi distintas (a da Xunta recolle os rexistros realizados polos propietarios, a do INE unha relación das VUT que se anuncian en plataformas como Airbnb ou Booking).
Resulta significativo que as cifras da Xunta sexan habitualmente superiores (o que podería indicar que unha parte das VUT non se promocionan nestas plataformas) pero sobre todo é rechamante que a diferenza entre as dúas cifras se vén agrandando nos últimos tempos. Mentres que no inicio de 2022 os datos eran moi semellantes (14.068 fronte a 12.695), na actualidade a diferenza ampliouse a preto de oito mil vivendas (27.899 fronte a 19.996).
Nas cidades e nas localidades costeiras, as que acumulan un maior número de vivendas de uso turístico, os datos do rexistro da Xunta son moi superiores ás estimacións que realiza o INE
Analizando as diferenzas concello por concello, vemos que estas se producen, sobre todo, nas cidades e nas localidades costeiras, as que acumulan un maior número de vivendas de uso turístico. O rexistro da Xunta ofrece datos moi superiores ás estimacións do INE nestes lugares. En cambio, nas zonas rurais e en xeral en concellos cun número pequeno de VUT, as cifras achegadas polo INE son maiores, o que podería estar indicando a existencia nestes lugares de inmobles que alugan nas plataformas online sen estar rexistradas pola Xunta.
Sucede o contrario en concellos como Sanxenxo (3.226 VUT para a Xunta, 1.459 para o INE), Foz, Barreiros, Cangas, Vilagarcía, Baiona, O Grove, Nigrán, Fisterra ou Bueu. E tamén nas sete cidades, sempre con cifras superiores no rexistro da Xunta. En Vigo, por exemplo, a Xunta informa de 2.406 pisos turísticos, fronte aos 1.386 do INE. E en Santiago son 694 VUT para a Xunta e 499 para o INE. En todo caso, moitas máis das que contan cona necesaria licenza municipal que outorga o concello compostelán.
Comentario aparte merece o caso da Coruña, onde a Xunta informa da existencia de 1.405 vivendas de uso turístico rexistradas, fronte ás 736 detectadas polo INE
Comentario aparte merece o caso da Coruña, onde a Xunta informa da existencia de 1.405 vivendas de uso turístico rexistradas, fronte ás 736 detectadas polo INE. A diferenza é maior se atendemos á evolución o último ano e medio: mentres que para a Xunta o número de pisos turísticos seguiu a medrar dende comezos de 2024 (+225), para o INE a cifra reduciuse (-111), pode que como consecuencia das novas limitacións que introduce a nova ordenanza aprobada polo Goberno municipal.