
'Sempre Máis': a mostra que busca "dignificar a desbordante creatividade popular" que protestou contra a xestión do Prestige
Este martes inaugúrase no Auditorio de Galicia a exposición 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige', realizada por Unha Gran Burla Negra e comisariada por Germán Labrador. A mostra "non quere nostalxia nin celebración. Non quere dicir 'contra Fraga protestabamos mellor'" senón "resintonizar coas potencias dunha Galicia creadora", destacan