Múltiples mostras de afecto e valoración da súa figura histórica tras o pasamento de Beiras
Os principais líderes políticos e figuras da sociedade galega están a amosar o seu pesar pola morte do político e intelectual, que será despedido este venres no Museo do Pobo Galego
Galicia é a autonomía con maior gasto farmacéutico sobre o total sanitario
O Consello de Contas critica que o Sergas veña orzamentando de xeito reiterado menos fondos dos que precisa cada ano para medicamentos
O Proxecto Nós presenta unha ferramenta para avaliar o galego na IA
Arena Nós busca avaliar o nivel de representación da cultura galega nos grandes modelos de linguaxe, así como comparar a súa capacidade de producir texto e voz na nosa lingua. A pioneira ferramenta foi presentada nun acto organizado por Google no Parlamento europeo con motivo do Día Europeo das Linguas.
'Falamos de Memoria' entra na Casa Museo Casares Quiroga para recuperar a historia do republicanismo coruñés
O segundo episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade percorre a Casa Museo Casares Quiroga para abordar a súa traxectoria política e persoal, as consecuencias do golpe de 1936 e a represión que sufriu a súa familia. O capítulo conta con catro testemuños de persoas vencelladas á investigación histórica e á memoria da familia Casares: Xosé Alfeirán, Pilar Mera, Emilio Grandío e María Lopo

Nova mobilización galega por Palestina e contra o silencio: "O xenocidio continúa"
A asociación Galiza por Palestina e a plataforma Galiza pola paz denuncian cunha manifestación en Sanitago a "paz de mentira" en Gaza, onde continúa "a limpeza étnica contra o pobo palestino". Esixen un "alto o fogo real", a entrada "masiva" de axuda humanitaria en territorio gazatí e a ruptura de relacións e denuncia internacional ao Estado de Israel
'Kiro', mellor película e premio do público no Panorama Galicia do Festival de Ourense
María Yáñez, directora do filme, recolle os galardóns acompañada de Carmen Quiroga, filla de Ana Kiro, e agarda que esta "viaxe musical" sobre a "historia de amor" da "diva do torreiro" co seu público sexa "a película deste Nadal" nos cinemas, aos que chega o 11 de decembro
A Xunta pide á Coruña que lle ceda as vivendas municipais que quere reparar cos fondos de zona tensionada
A conselleira de Vivenda insiste en rexeitar a intención do Concello de xestionar directamente os 3,6 millóns que lle corresponden dos fondos do Estado, acúsao de "irresponsable" por ter pisos municipais baleiros e pide que llos ceda porque a Administración autonómica “si que ten capacidade económica para a súa rehabilitación”.
María Luz Morales, a voz pioneira da crítica cinematográfica hai un século
Un traballo da pontevedresa Alba María Moledo Ucha sobre a xornalista que dá nome aos galardóns de ensaio da Academia Galega do Audiovisual obtivo o primeiro premio na décima edición do certame. Non só foi a primeira muller en dirixir un xornal (La Vanguardia, en 1936) senón que publicou máis de 400 pezas e críticas cinematográficas baixo o seu pseudónimo Felipe Centeno. Mesmo traballou na industria, realizando textos e traducións para a Paramount.
O BNG fíxase o obxectivo de sumar "máis alcaldías" urbanas ás de Pontevedra e Santiago
Pontón augura que "como en cada proceso electoral, chegará a ladaíña de que o Bloque tocou teito; igual que cando se negaba a posibilidade" de que Lores e Sanmartín gobernasen, afirma. O Bloque sinala as sete principais cidades como "clave" para "pensar o país que queremos ser", que "non pode verse lastrado por localismos estériles nin confrontacións inútiles"
'Falamos de Memoria' arrinca percorrido sonoro na península libertaria de Monte Alto e As Atochas
O primeiro episodio da serie podcast, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, mergúllase no labirinto urbano do barrio coruñés que antes do golpe concentraba a maior taxa de afiliación libertaria da cidade e despois virou en rede de resistencia fronte aos franquistas

As mesmas cancións, outros corpos: Grande Amore e Ataque Escampe intercambian papeis nun proxecto conxunto
As dúas bandas ultiman un EP en vinilo, Outros corpos, no que cada unha interpretará temas da outra. Presentarano, ademais, nun concerto moi especial no que ambas as formacións compartirán escenario no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 25 de outubro.
Falamos de Memoria: o podcast que recupera a memoria democrática da Coruña arrinca en Monte Alto
O primeiro episodio, que bota a andar este 30 de setembro, aborda a resistencia antifascista e libertaria e a represión sufrida nas Atochas e Monte Alto tras o golpe de Estado de 1936. No inicio de cada capítulo Prado Rúa preséntanos in situ os espazos que imos coñecer nesta serie, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade
