Os preparativos da folga xeral aceleran a unha semana do 11N: do laboral á defensa do pequeno comercio
Sindicatos laborais e entidades pola vivenda reciben o apoio de organizacións veciñais, ecoloxistas, agrarias, sanitarias ou de transporte. "O obxectivo é demostrar que quen sostemos este país tamén temos a forza para cambialo", destacan, nunha convocatoria que inclúe mesmo unha folga de consumo centrada na crítica ás grandes superficies e a defensa das tendas de barrio, ás que se busca implicar na mobilización.
Galicia destrúe emprego en outubro fronte á creación de 186.000 postos de traballo no Estado
Fronte ao aumento de afiliación no conxunto de España, en Galicia non se creou emprego, senón que se destruíu, pois a cifra de cotizantes á Seguridade Social (1.127.270) descendeu en 697 persoas en relación ao mes de setembro. Ademais, aumentou tamén o paro rexistrado, con 2.412 persoas máis inscritas nos servizos públicos de emprego, que deixan a cifra total en 114.849.
Casa Cornide: a operación que levou outro inmoble público ás mans da familia Franco
Falamos de memoria, a serie documental da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, reconstrúe a operación pola que o histórico edificio da Cidade Vella coruñesa acabou nas mans de Carmen Polo, esposa do ditador Francisco Franco. Con Manuel Monge, Emilio Grandío e Carlos Babío analizamos a documentación deste espolio e os vestixios do franquismo que permanecen no espazo público

Un Culturgal para todos os sectores da cultura galega e máis de 200 actividades
A Feira das Culturas Galegas reunirá en Pontevedra do 26 ao 29 de novembro a máis de 800 artistas e creadores de todas as disciplinas en preto de 200 espectáculos e actividades. O musical As Cigarreiras, unha tarde de homenaxe a Narf ou un concerto das bandas gañadoras dos premios Martín Códax, entre os avances da programación
Pontón e Besteiro coinciden en pedir unha investigación "até o final" do accidente de Urda
A líder do BNG reclama que se depuren responsabilidades políticas "caia quen caia" e o secretario xeral do PSdeG asegura que as familias das vítimas "merecen saber que pasou, por que pasou e se se podía ter evitado".
Un anaco de Outeiro de Rei en Xapón: a cesteira tradicional Idoia Cuesta expón o seu traballo en Toquio
O vindeiro 10 de novembro Cuesta inaugura KIRI, unha mostra individual no Instituto Cervantes Toquio coa que abre camiño á artesanía contemporánea galega no Xapón. Poderá visitarse de forma gratuíta ata o 19 de novembro.
A Xunta merca chalecos antibala en Catalunya tras incumprir requisitos os ofrecidos por un xigante militar israelí
Guardian Homeland Security, representante en España dos principais fabricantes israelís, foi excluída do concurso convocado para a policía autonómica por 227.000 euros
O BNG lembra que a UE xa "deixou claro que a alta velocidade non podía estar a expensas dun erro humano”
“As leccións do accidente de Angrois non se aprenderon", advirte Ana Miranda, eurodeputada do Bloque, que presentará unha iniciativa en Europa, tras o sinistro en Urda, para saber se o novo sistema de seguridade ferroviaria estaba implantado. A formación nacionalista pide auditar a "privatización" ferroviaria no Estado.
Unha ducia de candidaturas preséntanse ás eleccións xerais en Galicia
En Galicia presentáronse 12 listas diferentes para o Congreso e 8 para o Senado, aínda que con cambios entre unha e outra circunscrición. PP, PSdeG-PSOE, Fronte Ampla, BNG, Vox, Podemos, SALF e Frente Obrero presentan candidatura para o Congreso nas catro provincias galegas. PCTG, PUM+J, PACMA ou Escaños en Blanco concorren só nalgunha delas.
Galicia solidarízase coas vítimas da colisión dos trens de alta velocidade en Toledo
Galicia lembra a ferida do accidente ferroviario de Angrois e, como xa fixo no caso de Adamuz, volve volcar a súa solidariedade coas vítimas do terrible accidente que tivo lugar na mañá deste mércores á altura de Toledo, cos seus familiares e persoas do seu círculo afectivo.
'Falamos de Memoria', no Portiño para recuperar a historia das fuxidas por mar e o intento de evasión de 1937
O quinto episodio da serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade trasládase aos cantís baixo o Monte de San Pedro para abordar as redes clandestinas de fuxida por mar tras o golpe e e a tentativa frustrada en marzo de 1937, así como a transformación do lugar. Os investigadores Dionisio Pereira, Emilio Grandío e Inés Merayo explican a importancia do anarcosindicalismo coruñés, o papel dos mariñeiros e das mulleres anarquistas nos primeiros instantes do golpe e o clima de persecución na cidade en 1937. Co escultor Pepe Galán coñecemos a intervención artística do monumento ás vítimas do Portiño
Galicia volve plantar liño: 11 explotacións piloto recuperan este cultivo tradicional
Trátase dun proxecto da Iniciativa galega polo Liño da Fundación Adolfo Domínguez, en colaboración coa Xunta e o CSIC. As plantacións realízanse en Guísamo (Bergondo), Mabegondo (Abegondo) e Salcedo (Pontevedra) en centros especializados de investigación. Espérase dispor dos primeiros resultados en novembro para determinar as variedades que mellor respondan.