Mondra, Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra, entre as finalistas dos Premios da Industria Musical

Mondra, Tanxugueiras e Fillas de Cassandra ©

Un xurado profesional seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, aos que se suman as categorías de artista do ano e persoa do ano, que escollerá a Xunta Directiva de AGEM e premio da excelencia na experiencia do público, en votación popular

Os Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), xa teñen finalistas para a súa primeira edición, cuxos galardóns se entregarán o vindeiro 27 de novembro nunha gala na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Un xurado profesional seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará ás persoas gañadoras en outras 2 categorías: artista do ano e persoa do ano, mentres que o público poderá elixir, por votación popular, o premio da excelencia na experiencia do público. Finalmente, haberá un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público. As votacións abriranse proximamente a través das redes sociais e da web de AGEM.

A Sala Capitol de Santiago acollerá a gala de entrega dos premios o 27 de novembro © Ruxe-Ruxe

Entre os e as finalistas están profesionais que forman parte dos equipos que rodean e fan realidade algúns dos proxectos musicais do país máis destacados da actualidade, como Mondra, Tanxugueiras, Fillas de Casandra, Carlos Ares, The Rapants, Guadi Galego, De Ninghures, Baiuca ou Grande Amore

Entre os e as finalistas nas diferentes categorías están profesionais que forman parte dos equipos que rodean e fan realidade algúns dos proxectos musicais do país máis destacados da actualidade, como Mondra, Tanxugueiras, Fillas de Casandra, Carlos Ares, The Rapants, Guadi Galego, De Ninghures, Baiuca ou Grande Amore.

Así, poden gañar galardóns as persoas responsables da produción, da iluminación, do son en directo, da posta en escena, da identidade visual, managers... O conxunto de profesionais dun sector en crecemento e no que se busca recoñecer o seu "compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade no sector musical galego".

Poden gañar galardóns as persoas responsables da produción, da iluminación, do son en directo, da posta en escena, da identidade visual, managers... O conxunto de profesionais dun sector en crecemento

Ademais, optan ao premio equipos de comunicación (entre eles o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Alberti da Coruña, por Aquí tamén se fala), espazos de concertos (Sala Capitol, Náutico de San Vicente, Café Torgal), festivais (Noites do Porto, Surfing the Lérez ou WOS Festival x SON Estrella Galicia).

O xurado está integrado por Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña.

A Sala Capitol de Santiago acollerá a gala de entrega dos premios o 27 de novembro © AGEM

Finalistas nas diferentes categorías:

Mellor deseño de iluminación:

  • Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
  • Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
  • José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.

 

Mellor implementación de son:

  • Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
  • Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.
  • Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.

 

Mellor empresa provedora de servizos:

  • Escena Sonora.
  • Luxevan.
  • Vacaline.

 

Mellor profesional de produción:

  • Paco Iglesias.
  • Victoria Blanco.
  • Xabi Carnota.

 

Mellor manager:

  • Aitana Cuétara.
  • Kin Martínez.
  • Manuel Tarrío.
  • Mellor produción discográfica:
  • Iago Picó, por Pouland Studios.
  • Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
  • Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.

 

Mellor posta en escena:

  • Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA.
  • Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
  • Tanxugueiras, por DILUVIO.

 

Mellor promotor/a-programador/a:

  • David Pedrouzo, de Todo Medre.
  • Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.
  • Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
Guadi Galego en concerto ©

Mellor proxecto de comunicación:

  • Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Alberti da Coruña, por Aquí tamén se fala.
  • The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.
  • Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.

     

Mellor identidade visual:

  • Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.
  • Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.
  • Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.

    Mellor videoclip:
  • Lorenzo Negueruela, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.
  • Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
  • Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.

Mellor evento cultural / musical:

  • Noites do Porto.
  • Surfing the Lérez.
  • WOS Festival x SON Estrella Galicia.

 

Mellor espazo musical:

  • Sala Capitol.
  • Náutico de San Vicente.
  • Café Torgal.

 

Mellor proxecto de sustentabilidade:

  • Festival Agrocuir da Ulloa.
  • Festival de la Luz.
  • Festival Sinsal SON Estrella Galicia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.