Na procura de 197 asasinados polo franquismo no cemiterio ferrolán de Serantes
O gran número de vítimas soterradas aquí converten o lugar nun dos máis importantes da represión en Galicia. Este luns deu comezo unha cata arqueolóxica coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC. Os traballos desenvolveranse ata o vindeiro 11 de setembro.
Luckia é condenada a indemnizar unha traballadora por tardar en atender a súa denuncia de acoso laboral
Pontón sitúa o custo da vida como "a prioridade" do BNG e propón "un plan de choque de 400 millóns"
No novo curso político os nacionalistas porán tamén o foco na "emerxencia lingüística" e no financiamento autonómico como vía para obter ingresos cos que axudar á cidadanía
O Festival da Poesía no Condado reivindica a cultura como ferramenta de expresión, memoria e transformación
Poesía, música, regueifa, teatro, cinema, pensamento crítico e cultura popular conviven na 38ª edición do Festival da Poesía no Condado, que transforma Salvaterra de Miño os días 4 e 5 de setembro nun gran palco transfronteirizo, dada a súa forte dimensión galego-portuguesa
Besteiro pide á Xunta "planificación" hidráulica e que invista en cada concello o 50% do que recada co canon da auga
Desde Baiona, con encoro propio pero coas reservas tan baixas que xa tivo que pedir auga a Vigo, o líder socialista demanda que o Goberno galego prevea o cambio climático "de forma global, non só pensando concello a concello, pensando no país"
Unha ducia de novas do verán por se desconectaches da actualidade
Seleccionamos algunhas das principais informacións que publicamos en Praza.gal en xullo e agosto para que poidas lelas agora, sen présa
O PSdeG de Lugo critica a "chapuza" de Candia na brigada municipal contra incendios
O Grupo Municipal Socialista alerta do “despropósito legal e administrativo” de situar como xefe de brigada, mediante unha adscrición temporal, a un funcionario que xa está cumprindo outras funcións. Trátase dunha "solución improvisada que non garante nin a operatividade nin a seguridade do dispositivo para salvar a súa imaxe", critica o PSdeG, que reclama un servizo público profesionalizado e estable de prevención e extinción
Festival Maré: 30 concertos que cruzan fronteiras na Compostela máis atlántica
A edición 2026 do Festival Maré - Músicas e Artes Atlánticas terá lugar do 23 ao 27 de setembro en Compostela, nunha cita que reúne máis de 30 actuacións, con artistas de 16 países e presenza de 12 linguas diferentes. Serán cinco días de música, encontros e experiencias semeadas polos espazos máis emblemáticos da cidade, estendéndose por prazas, salas de concertos, teatros e centros socioculturais.
"Improvisación e falta de rigor" na guía turística oficial do Concello de Lugo, con numerosos erros
O Grupo Municipal Socialista denuncia os "erros e inexactitudes" da nova guía turística oficial presentada a pasada semana polo Concello de Lugo, que por exemplo asegura falsamente que a Ponte Romana de Lugo é Patrimonio da Humanidade, di que a Porta Falsa é de orixe medieval ou que a Porta de Santiago se atopa en estado orixinal. Ademais, inclúe fallos ortográficos e imaxes de fotógrafos profesionais non acreditadas
Abandonar o posto sen avisar non é causa de despido: o TSXG segue matizando o "absentismo" laboral
O Tribunal Superior declara improcedente o despido disciplinario dun traballador que abandonou o seu posto sen avisar e di que non se xustifica a sanción porque non supuxo un risco para o persoal nin causou un grave prexuízo para a empresa
Facer memoria na Poza das Ras, espazo do terror franquista en Verea
O Concello de Verea e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova inauguran este sábado 29 o Memorial da Poza das Ras, o lugar onde hai 90 anos foron asasinados catro veciños por persoas que participaban na sublevación militar contra a República
Outra operación eleva a 3.000 os quilos de cocaína intervidos nuns poucos días en Galicia
Tras a incautación de 1,6 toneladas a comezos deste mes a raíz da investigación a un narcosubmarino atopado en Muxía, o sábado foron 1,4 toneladas as interceptadas na Pobra do Caramiñal