Pleno feminino na décima edición dos Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual anunciou na Deputación de Lugo as gañadoras da décima edición do certame de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Alba María Moledo Ucha, Lucía Estévez González, Uxía Bereixo e Sara Calvete Lorenzo obtiveron cadanseu recoñecemento.
Chaman a protestar contra a presenza de Israel no Campionato Mundial de Triatlón en Pontevedra
Este mércores inaugurouse en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón, que a cidade acollerá ata o domingo 27. Galiza por Palestina, Pontevedra con Palestina e Rede Galega pola Palestina chaman á cidadanía a participar en mobilizacións nas rúas, principalmente o sábado 26 e o domingo 27 a partir das 18 horas, nas principais competicións, levando kufiyas e bandeiras palestinas
Sito Miñanco é condenado a 17 anos por catro toneladas de coca
A Audiencia Nacional condénao pola Operación Mito por delitos contra a saúde pública e branqueo de capitais
- 📺 Entrevista | Marta Veiga Mocidade e democracia Mocidade, democracia e memoria
- Movementos sociais
"A mocidade que vive en vilas está invisibilizada na produción cultural en Galicia"
A xornalista e profesora Marta Veiga Izaguirre analiza para a serie 'Mocidade e democracia' fenómenos coma o "narcisismo de opinión" e a cancelación dos matices no debate nas redes sociais, un "microcosmos" que, resalta deixa fóra e contribúe a invisibilizar unha parte relevante das xente nova da Galicia actual

Vox non pasou en Santiago (e o PP olla por se pasa)
Unha vintena de grupos políticos e sociais logran xuntar un milleiro de persoas para impedir o mitin programado pola formación de extrema dereita nun centro sociocultural da capital galega. O PPdeG critica o acontecido unha como "sabotaxe á liberdade de expresión" que atribúe ao BNG mentres o ascenso demoscópico de Vox ocupa e preocupa á formación que sustenta o Goberno galego
"Democracia era coñecer outras ideas e non as do algoritmo": a mocidade quere escoitarse o venres en Santiago
O I foro Praza na Ágora, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública o vindeiro 25 de setembro en Santiago, quere ser un espazo de debate participativo sobre o papel da mocidade na crise democrática
- 📺 Entrevista | Luzia Oca Mocidade e democracia Mocidade, democracia e memoria
- Movementos sociais
"Falta falar na casa sobre o que foi o franquismo e o que significou a República"
Luzia Oca reflexiona sobre a necesidade de abordar a memoria histórica sen paternalismos e a respecto das preocupacións políticas e sociais da xente moza dende as súas facetas de antropóloga, activista e docente na serie 'Mocidade e Democracia', unha produción da Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade

Vigo pon en marcha o seu plan para poñer en alugueiro 13.000 vivendas baleiras
Pretende converterse en "caseiro" e ofrecer prezos accesibles mobilizando inmobles baleiros, poñéndoos no mercado e garantindo o arranxo de calquera estrago.
O incendio de Quiroga xa é o segundo maior do ano en Galicia
O fogo, xa estabilizado, queimou 470 hectáreas e só é superado polo que calcinou 750 en Ponteareas o pasado mes de abril. A superficie afectada é case a metade de toda a ardida no verán.
O sector apícola pide actuacións urxentes ante a "invasión incontrolada" da velutina en Galicia
Varias entidades rexistran na Xunta un manifesto conxunto no que demandan que as administracións actúen axiña ante unha "crise sen precedentes" que pon en perigo milleiros de colmeas, a biodiversidade e o propio rural galego.
- 📺 Entrevista | Xela Rodríguez Mocidade e democracia Mocidade, democracia e memoria
- Movementos sociais
"O asociacionismo cultural na mocidade é outra forma de facer política"
Xela Rodríguez, estudante de Xestión Cultural, activista e representante de alumnado na USC, analiza na serie 'Mocidade e democracia' a importancia do tecido asociativo e da contorna universitaria como vías fundamentais para espertar o interese político na xente moza

Pontón: "Quereremos máis BNG nos concellos porque queremos máis capacidade para mellorar a vida da xente"
A formación nacionalista salienta na reunión do seu Consello Nacional que continúa avanzando "con paso firme" nunha folla de ruta "clara e ambiciosa" e que xa ten elixidas as persoas que encabezarán as candidaturas para o vindeiro 23 de maio en 94 concellos.