Poesía e memoria democrática no Festival dos Eidos, o centro do universo que nos deixou Uxío Novoneyra
O Festival dos Eidos celébrase a derradeira fin de semana de agosto en Parada do Courel. Olga Novo, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Olalla Cociña, Xerardo Quintiá, Alberto Lema e Julieta Valero, entre outros, participan nesta edición
Xacarandaina cruza o Atlántico para levar a tradición de Galicia ao 'mundial' do folclore
O grupo de música e baile tradicional coruñés inicia este mes a súa primeira xira transatlántica que o levará a participar no Campionato Mundial Brasil 2026 da Federación de Festivais Internacionais de Danza, onde en cada xornada intentará "condensar en oito minutos diferentes expresións do patrimonio tradicional galego".
Mocidade dos Ancares bota a andar a segunda edición do SoaSuarna con "vontade, compromiso e comunidade"
"A cultura pode contribuír a dinamizar o territorio, mais para que a xente nova poida quedar, regresar ou construír nel o seu futuro son necesarios servizos públicos dignos, conectividade e oportunidades durante todo o ano", destaca o grupo de rapazas e rapaces que organiza o festival SoaSuarna en Navia este 22 de agosto
Chamamento a familiares para investigar as foxas franquistas de Serantes, en Ferrol, das maiores de Galicia
"Sábese que como mínimo 197 persoas foron asasinadas e enterradas en varias foxas localizadas neste cemiterio de Ferrol", salienta o grupo de investigación Histagra da USC
Honras solemnes para Bóveda: "Soñou para nós un futuro de xustiza, cultura e liberdade"
A Fundación Alexandre Bóveda reclama á Xunta a declaración do 17 de agosto como o 'Día Nacional dos Nosos Mártires' durante o acto celebrado no Museo de Pontevedra no que Amalia Bóveda depositou ante 'A última leición do mestre' as cascas do piñeiro ante o que foi asasinado seu pai.
A seca afoga o agro: perdas de 164 millóns de euros na produción de forraxes
Unións Agrarias solicita á Consellería de Medio Rural unha reunión para "comezar a deseñar unha folla de ruta de actuación" ante o grave impacto das altas temperaturas e a falta de chuvias.
Titiriberia celebra os corenta anos da histórica compañía galega de títeres Tanxarina
Titiriberia: Festival de títeres tradicionais acolle unha trintena de actividades escénicas, cuxas funcións se repartirán por diferentes puntos da xeografía rianxeira, e unha exposición no Auditorio Municipal de Rianxo que repasa os corenta anos de Tanxarina
O comercio loita contra a precariedade e o traballo en festivos con dobre folga en Galicia
O persoal dos supermercados da provincia da Coruña está chamado ao paro os días 15, 16 e 17 pola mellora das condicións no conflito pola negociación do convenio colectivo, e o comercio en toda Galicia este sábado, tamén contra o permiso para abrir en días non laborables.
26 detidos, incluído un garda civil, por 1,6 toneladas de coca tras investigarse o submarino de Muxía de hai un ano
Policía Nacional, Garda Civil e Aduanas detectou que a mesma organización traballaba nun novo cargamento nunha embarcación de alta velocidade
Nubes no norte e alertas por calor e risco de incendio no sueste: a previsión para a eclipse
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar nubes no litoral norte a última hora desta tarde, tras unha xornada de calor
32 concellos entran en alerta por escaseza de auga e está en prealerta a maioría do resto de Galicia
A alerta supón "a prohibición de usos prescindibles como o baldeo de rúas, o enchido de piscinas ou a rega de xardíns" e podería mesmo haber "cortes de auga puntuais", segundo a Xunta
Aumenta o risco de ceos nubrados: a previsión a un día da eclipse
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar nebulosidade no norte, sobre todo no litoral.