Indra anuncia unha planta de vehículos militares nas Pontes
A empresa de participación estatal avanza un investimento de 18 millóns de euros e "entre 70 e 120 empregos directos de alta cualificación"
A 'Santa' de Asorey queda exposta no Gaiás tras abandonar Uruguai para sempre
A emblemática peza de Asorey foi mercada pola Xunta tras o peche da Casa de Galicia de Montevideo e acordou deixala exposta nun museo uruguaio, cuxos "cambios no relato expositivo" levaron o Goberno galego a traela de volta e instalala no Gaiás
O Estado sinala nove refuxios climáticos nas súas oficinas galegas e pide sumar máis
Subdelegacións gobernamentais e instalacións da Seguridade Social nas principais cidades galegas, no primeiro mapa de instalacións ás que acudir durante episodios de "calor extrema". Pedro Sánchez destaca "axudas de 10 millóns de euros para financiar novos refuxios, incluíndo centros educativos". O delegado gobernamental en Galicia reclama a Xunta, concellos e deputacións "ampliar a rede cos seus propios equipamentos"
"Pechado por eclipse": instan a modificar horarios laborais para poder gozar do histórico fenómeno
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío impulsa unha iniciativa que anima a concellos, empresas e entidades con servizos non esenciais a considerar a adaptación temporal dos seus horarios na tarde do 12 de agosto. A acción tamén pretende "contribuír a unha mellor organización da mobilidade urbana durante esas horas"
A Unesco pide máis información antes de decidir se a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade
Tras o informe técnico negativo de hai un mes, a reunión anual do comité de estados da Unesco toma a decisión política de enviar unha misión consultiva e evita unha negativa aberta á candidatura defendida polo Goberno de España
Titiriberia leva a Rianxo a historia viva do teatro galego de monicreques
O evento, que se celebra entre o 18 e o 23 de agosto, inclúe algunhas das compañías históricas da nosa escena, como Os Monicreques de Kukas, Tanxarina, Viravolta ou Trécola, auténticos referentes que superan os corenta anos de traxectoria.
“A emigración non se toca: quen ataca a Lei de Netos, atácanos a nós”, defende Besteiro desde Bos Aires
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pronunciou desde o Centro Galicia de Bos Aires unha mensaxe conectada co acto tradicional do PSdeG en Rianxo, vila natal de Castelao, na que uniu as dúas beiras do Atlántico e situou a Galicia exterior no centro do presente e do futuro do país.
Educación pecha outras catro escolas e xa son 244 as desaparecidas desde 2005
Ao tempo que pecha unitarias, a Xunta defende que está a reforzar as infraestruturas educativas "naquelas zonas de maior demanda" con tres novos centros e ampliacións doutros 11
Martín Romero gaña o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego
O xurado recoñeceu a obra Diarios do ilustrador, autor de cómics e director de animación nacido en Boiro. Ademais, outorgou un accésit con diploma, a Silver Andree (Adriana Soriano), pola súa obra Antología de un recuerdo. A entrega do premio terá lugar o venres 14 de agosto no Circo de Artesáns da Coruña, no marco das actividades da edición de verán de 2026 do Festival de autoedición e BD Autobán
A xuízo por 21 mortes o capitán e dous directivos do 'Pitanxo', que teñen un día para pagar 44 millóns de fianza
A Audiencia Nacional cita para a próxima semana aos tres acusados para "evitar dilacións indebidas" nun proceso que se remonta a febreiro de 2022, hai máis de catro anos, cando o barco afundiu en Terranova
Condena á Xunta e á Confederación Miño-Sil por abusar da contratación temporal co persoal interino
O Tribunal Superior aplica a recente xurisprudencia do Supremo e da UE e condena as consellerías de Política Social e de Facenda a pagar unha indemnización de 10.000 euros a un traballador polo "dano moral" que sufriu tras “en situación de abuso durante máis de quince anos”. Outra sentenza do TSXG condena polo mesmo motivo o organismo fluvial estatal
Ulloa Viva reclama que o arquivo de Altri sexa polo risco ambiental e non só pola falta de conexión eléctrica
Representantes das plataforma da Ulloa, de defensa da Ría de Arousa e contra a mina de Touro-O Pino anuncian que recorrerán contra o xeito en que foi arquivado o proxecto e piden á Xunta a documentación do expediente