- 📺 Entrevista | Aida Estévez Mocidade e democracia Mocidade, democracia e memoria
- Movementos sociais
"Xeracións anteriores vivían para traballar, agora a mocidade traballa para vivir"
A segunda convidada da serie 'Mocidade e democracia' é Aida Estévez, coordinadora do Círculo de Jóvenes Emprendedores (CIJE) e fundadora da consultoría viguesa Como Darwin. Reflexiona sobre como están a cambiar os valores laborais na mocidade coa que ten relación profesional, que teñen unha nova percepción das responsabilidades e priorizan o goce do seu tempo libre e persoal unha vez que remata a súa xornada laboral
Aínda sen auga "limpa e segura" na Limia: reclaman que Xunta e Estado cumpran a sentenza do encoro das Conchas
O ditame do alto tribunal galego produciuse en xullo do ano pasado e a ratificación do Supremo chegou en febreiro deste ano, rexeitando os recursos do Goberno galego e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Porén, a veciñanza demandante asegura que non se tomou ningunha medida para "rematar coa degradación" do encoro
O Chanfaina volve a San Sadurniño coas escolas da emigración como protagonistas
A localidade acolle esta fin de semana a undécima edición da iniciativa de creación e encontro arredor do audiovisual. Máis de vinte cineastas e colectivos gravarán entre o venres e o domingo candansúa curtametraxe, que se poderán ver nuns meses. As escolas da emigración da parroquia de Ferreira están presentes a través do cartel do evento e tamén dunha exposición.
- 📺 Entrevista | Prado Rúa Mocidade e democracia Mocidade, democracia e memoria
- Movementos sociais
"Teño conciencia política e sinto moita responsabilidade no que digo nas redes sociais"
Prado Rúa, primeira convidada na serie de entrevistas 'Mocidade e democracia' cunha reflexión sobre o peso das redes na opinión pública, a desinformación ou as vantaxes e inconvenientes de tomar posición política na esfera pública dirixida á xente moza
A Mesa pola Normalización denuncia á TVG por acusala falsamente de querer "impoñer" o galego
A entidade de defensa da lingua lembra que entre os seus obxectivos está a defensa do galego pero non a súa imposición, como lle atribuíu o Telexornal
'DemocraZia': a mocidade quere participar e amósao a pé de rúa o 12 de setembro en Santiago
'O encontro' leva á Alameda compostelá o traballo impulsado polo Consello da Xuventude de España e '50 en Liberdade' para "reforzar a implicación xuvenil na vida política e social" e "fortalecer" a súa "cultura democrática". As asociacións xuvenís son protagonistas nunha iniciativa que combina a presentación do traballo xa feito coa reflexión en espazos como un podcast ao vivo sobre a crise da vivenda e mais coa música e o lecer
A regularización de poboación estranxeira frea levemente a destrución de emprego en agosto
O número de persoas afiliadas á Seguridade Social descendeu en Galicia en 1.466 en agosto. O pasado ano neste mes destruíranse 2.279 empregos. O paro rexistrado aumentou en 2.369 persoas, algo por riba da media do Estado e tamén das cifras do pasado ano.
Na procura de 197 asasinados polo franquismo no cemiterio ferrolán de Serantes
O gran número de vítimas soterradas aquí converten o lugar nun dos máis importantes da represión en Galicia. Este luns deu comezo unha cata arqueolóxica coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC. Os traballos desenvolveranse ata o vindeiro 11 de setembro.
Luckia é condenada a indemnizar unha traballadora por tardar en atender a súa denuncia de acoso laboral
Pontón sitúa o custo da vida como "a prioridade" do BNG e propón "un plan de choque de 400 millóns"
No novo curso político os nacionalistas porán tamén o foco na "emerxencia lingüística" e no financiamento autonómico como vía para obter ingresos cos que axudar á cidadanía
O Festival da Poesía no Condado reivindica a cultura como ferramenta de expresión, memoria e transformación
Poesía, música, regueifa, teatro, cinema, pensamento crítico e cultura popular conviven na 38ª edición do Festival da Poesía no Condado, que transforma Salvaterra de Miño os días 4 e 5 de setembro nun gran palco transfronteirizo, dada a súa forte dimensión galego-portuguesa
Besteiro pide á Xunta "planificación" hidráulica e que invista en cada concello o 50% do que recada co canon da auga
Desde Baiona, con encoro propio pero coas reservas tan baixas que xa tivo que pedir auga a Vigo, o líder socialista demanda que o Goberno galego prevea o cambio climático "de forma global, non só pensando concello a concello, pensando no país"