Acoso laboral
Outra inacción do Sergas ante un conflito laboral condénao a indemnizar un traballador por dano psicolóxico
O TSXG constata que, malia sucesivas advertencias, o Sergas non avaliou o risco psicosocial do posto laboral e o home acabou pedindo a activación do protocolo por acoso laboral
A xustiza recoñece accidente laboral o acoso que sufriu unha limpadora do grupo ACS nunha sede da Xunta
Ante o acoso laboral e sexual dun compañeiro a muller non logrou que a empresa actuase ata que denunciou o caso á policía e despois viu como a baixa por ansiedade que lle deron era considerada enfermidade común, o que agora corrixe o TSXG
Denunciar acoso laboral na Xunta e que te entreviste o xefe ou non che respondan
A Valedora, que leva anos alertando de todo tipo de eivas na atención do problema por parte do Goberno galego, revela outros dous casos de actuacións incorrectas tras denuncias por suposto acoso laboral
Borracho e ofrecendo unhas "hostias": condenado por abuso de autoridade un cabo do Exército na Coruña
O Tribunal Militar salienta, coa conformidade do condenado, que atentou contra a integridade dun subordinado e contra a disciplina "como elemento estrutural de cohesión" para que as Forzas Armadas cumpran o seu papel constitucional
A Xunta restrinxe o seu protocolo de acoso laboral para deixar fóra o persoal de Educación
A xustiza vén sentenciando que o documento era de aplicación non só na administración xeral senón tamén no ensino e agora o Goberno galego deixa expresamente á marxe ese sector, no que Inspección vén arquivando denuncias sen sequera tomar declaracións