Acoso laboral
Outra inacción do Sergas ante un conflito laboral condénao a indemnizar un traballador por dano psicolóxico
O TSXG constata que, malia sucesivas advertencias, o Sergas non avaliou o risco psicosocial do posto laboral e o home acabou pedindo a activación do protocolo por acoso laboral
A xustiza recoñece accidente laboral o acoso que sufriu unha limpadora do grupo ACS nunha sede da Xunta
Ante o acoso laboral e sexual dun compañeiro a muller non logrou que a empresa actuase ata que denunciou o caso á policía e despois viu como a baixa por ansiedade que lle deron era considerada enfermidade común, o que agora corrixe o TSXG
Denunciar acoso laboral na Xunta e que te entreviste o xefe ou non che respondan
A Valedora, que leva anos alertando de todo tipo de eivas na atención do problema por parte do Goberno galego, revela outros dous casos de actuacións incorrectas tras denuncias por suposto acoso laboral
Borracho e ofrecendo unhas "hostias": condenado por abuso de autoridade un cabo do Exército na Coruña
O Tribunal Militar salienta, coa conformidade do condenado, que atentou contra a integridade dun subordinado e contra a disciplina "como elemento estrutural de cohesión" para que as Forzas Armadas cumpran o seu papel constitucional
A Xunta restrinxe o seu protocolo de acoso laboral para deixar fóra o persoal de Educación
A xustiza vén sentenciando que o documento era de aplicación non só na administración xeral senón tamén no ensino e agora o Goberno galego deixa expresamente á marxe ese sector, no que Inspección vén arquivando denuncias sen sequera tomar declaracións
O TSXG desmonta a xestión da Xunta do acoso laboral no ensino: non escoitou a vítima nin acusado
Educación vén negándose a protexer o persoal docente co protocolo xeral de loita contra o acoso da Xunta e agora o Tribunal Superior de Xustiza confirma que si é de aplicación e non pode restrinxirse só á administración xeral
"Estúpida", "parva": tamén acoso laboral ademais de sexual na Armada en Ferrol
O tribunal militar condena "o trato desprezativo, humillante e incluso insultante" dun brigada, que chegou a agarrar do brazo e tirar dunha cabo primeiro, nunha base militar que vén rexistrando sucesivos casos de agresións sexuais
Dúas denunciantes de acoso laboral ás que Educación nin entrevistou obteñen outra condena á consellería
A xustiza volve reprochar á Xunta que se negue a aplicar ao persoal docente o protocolo de loita contra o acoso que reserva só para a administración xeral e dítalle 15.000 euros en indemnizacións por incumprir a prevención de riscos laborais
Condenada unha empresa do grupo ACS por obviar meses o acoso laboral e sexual a unha limpadora
A muller, limpadora da sede da Xunta en Ferrol, non logrou que Samaín Servizos á Comunidade actuase ata que soubo que presentara unha denuncia ante a policía
O Sergas volve incumprir o protocolo de acoso laboral: 9 meses sen investigar e medidas sen aplicar
A Valedora do Pobo revela que unha investigación viu acoso laboral no hospital de Pontevedra e propuxo un expediente disciplinario, pero a xerencia da área sanitaria non o abriu e propiciou vitimizacións secundarias dos denunciantes
Nova condena de Educación por non actuar ante denuncias de acoso laboral
A Xunta ten que indemnizar unha profesora por tardar máis de oito meses en activar o protocolo de acoso laboral tras unha denuncia, logo de que en agosto fose condenada por arquivar outro caso incumprindo tamén ese protocolo