A localidade acolle esta fin de semana a undécima edición da iniciativa de creación e encontro arredor do audiovisual. Máis de vinte cineastas e colectivos gravarán entre o venres e o domingo candansúa curtametraxe, que se poderán ver nuns meses
Dende hai máis dunha década un concello rural da comarca de Ferrolterra, cativo en poboación -menos de tres mil habitantes- pero grande en extensión -100 quilómetros cadrados- convértese durante unha fin de semana ao ano no epicentro do audiovisual galego, especialmente no que realizan as novas fornadas de creadores e creadoras.
En 2014 botou a andar o Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que naceu co impulso de Manolo González e que serve ao tempo como espazo de encontro e de promoción do audiovisual do país e que, ademais, eleva a importancia e a visibilidade das paisaxes, o patrimonio e, sobre todo, as historias persoais deste concello. Repasamos aquí algunhas das curtas realizadas nestes anos.
Durante a fin de semana, as persoas participantes desenvolverán as súas propias propostas audiovisuais dentro dos límites municipais. O Chanfaina Lab non establece un tema nin unha fórmula creativa única, senón que parte da liberdade para que cada cineasta atope a súa maneira de mirar e contar o territorio
A localidade acolle esta fin de semana a undécima edición da iniciativa, na que máis de vinte cineastas e colectivos gravarán entre o venres e o domingo candansúa curtametraxe, que se poderán ver nuns meses. Como en cada edición, o Chanfaina Lab non establece un tema nin unha fórmula creativa única, senón que parte da liberdade para que cada cineasta atope a súa maneira de mirar e contar o territorio.
Entre os e as cineastas participantes nesta edición están Bieito Beceiro, Iván Castiñeiras, Alejandro Castro, Iago Castro, Miguel A. Delgado, Xaime Fandiño, José Roberto Fernández, Alba Gallego, Pepe García e Isa Moreno, Kevin Lorenzo, Iago Lourido e Pablo Martínez, Carmen Méndez, Olga Osorio, Cruz Piñón, Gema Rodríguez, María José Serantes, Rebeca Tella e Abel Vega, xunto cos colectivos The Sungirls, Teño unha horta, Diáspora, A Rigueira, MonteZ e Proxecto Amarte.
A relación entre audiovisual, territorio e memoria estará tamén presente nas dúas exposicións fotográficas que poderán visitarse do 4 ao 30 de setembro. O local social A Seara de Ferreira acollerá Fálame de Ferreira. As escolas da emigración, unha mostra centrada nas escolas da Leiriña e da Seara e na historia da emigración da parroquia
A relación entre audiovisual, territorio e memoria estará tamén presente nas dúas exposicións fotográficas que poderán visitarse do 4 ao 30 de setembro. O local social A Seara de Ferreira acollerá Fálame de Ferreira. As escolas da emigración, unha mostra centrada nas escolas da Leiriña e da Seara e na historia da emigración da parroquia. Pola súa banda, a Casa da Cultura presentará a exposición Chanfaina Lab, un percorrido pola historia do encontro e polas diferentes edicións celebradas desde a súa creación.
As escolas da emigración da parroquia de Ferreira son tamén o motivo central da identidade gráfica da XI edición. O cartel, deseñado pola artista ferrolá Irene Ávila Carreira, toma como referencia estes dous edificios construídos grazas ás achegas das comunidades emigradas en Montevideo e Bos Aires.
Programación da fin de semana
A primeira cita da fin de semana será o venres 4 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura, coa tradicional Eira de Cineastas
A primeira cita da fin de semana será o venres 4 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura, coa tradicional Eira de Cineastas, unha sesión que permitirá coñecer parte do traballo das persoas participantes na XI edición antes do inicio do inicio das rodaxes.
A Eira reunirá 21 pezas, entre filmes, teasers, trailers e fragmentos, cunha duración total de 83 minutos. O programa inclúe Guión curta, de Bieito Beceiro; Senza fine (teaser), de Iván Castiñeiras; San Simón (trailer), de Miguel A. Delgado; Interrail, de Diáspora; Centenario do Himno Galego 1907-2007, de Xaime Fandiño; Natureza galega. A auga doce, de José Roberto Fernández; O vídeo esquecido, de Alba Gallego; Persistencia do baleiro, de Pepe García e Isa Moreno; Mírame (fragmento), de Kevin Lorenzo; Solposto (fragmento), de Iago Lourido; A prisión dixital, de Pablo Martínez; Pura (fragmento), de Carmen Méndez; O refuxio (fragmento), de Monte Z; Einstein-Rosen, de Olga Osorio; A arte do silencio (fragmento), de Cruz Piñón; A derradeira, de A Rigueira Club; Ausencia (fragmento), de Gema Rodríguez; Gralla (trailer), de Rebeca Tella; Gripe aviar (fragmento), de Teño unha horta; Mariela (fragmento), de The Sungirls, e O ourizo (fragmento), de Abel Vega. A sesión terá entrada libre e gratuíta.
En 2014 botou a andar esta experiencia de creación audiovisual colectiva que naceu co impulso de Manolo González e que serve ao tempo como espazo de encontro e de promoción do audiovisual do país e que, ademais, eleva a importancia e a visibilidade das paisaxes, o patrimonio e, sobre todo, as historias persoais deste concello. Repasamos aquí algunhas das curtas realizadas nestes anos.
Xa ás 22:00 horas, a Praza Ramón Díaz Raña acollerá unha proxección ao aire libre de Sirat, o filme de Óliver Laxe estreado en 2025. O sábado 5, o encontro continuará coa actividade de creación das persoas participantes e, ás 23:00 horas, o Café-Bar DZINE acollerá unha foliada, nunha noite destinada tamén á convivencia entre as persoas participantes e a veciñanza.
A programación do XI Chanfaina Lab está aberta á cidadanía e todas as actividades da fin de semana son gratuítas. O encontro de cineastas está organizado polo Concello de San Sadurniño e conta co apoio do Xeoparque Cabo Ortegal e da Deputación da Coruña.