Unha ducia de escolas que a emigración americana abriu en Galicia
A emigración galega a América das últimas décadas do século XIX e das primeiras do século XX deixou unha pegada moi importante nos territorios de orixe. Nas súas aldeas e vilas crearon centos de escolas (entre outras moitas iniciativas) que contribuíron á modernización e ao progreso destas zonas. Moitas delas aínda continúan en pé, algunhas como centros de ensino e outras con outros usos. O Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega dedicoulle recentemente un dos seus especiais de Historias de Ida e Volta e hai uns anos o proxecto web As escolas da emigración, catalogando un total de 317 colexios, ademais da exposición Luces de alén mar, comisariada por Vicente Peña. Repasamos aquí algunha destas iniciativas
- 
                             01 01Grupo escolar Curros Enríquez, en FeneO grupo escolar Curros Enríquez, en Maniños (Fene), foi construído en 1916. Funcionou como centro de ensino primario e hoxe funciona como local social para uso da veciñanza. 
- 
                             02 02Casa-escola Enrique Labarta Pose, en VimianzoA Casa-escola Enrique Labarta Pose, en Vimianzo, foi inaugurada en 1931. Impulsada por unha sociedade de emigrantes da zona en Bos Aires, hoxe funciona como centro sociocultural do concello de Vimianzo e sede da asociación de veciños de Pasarela. 
- 
                             03 03Escola da Tenencia, en RedesA Escola da Tenencia, en Redes (Ares), foi fundado pola Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana en 1915. Funcionou como escola gratuíta e laica para as nenas e nenos. 
- 
                             04 04Escola do Canteiro, en BarreirosA Escola do Canteiro (Barreiro) foi inaugurada en 1907, impulsada polo "Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo" da Habana 
- 
                             05 05Escola Indiana de Roupar, en XermadeEscola Indiana de Roupar (Xermade) foi impulsada con donativos de emigrantes en Cuba, membros da "Sociedad Hijos de Roupar" no ano 1921. 
- 
                             06 06Edificio escolar La Devesana, en OrtigueiraO Edificio escolar La Devesana (Ortigueira) foi inaugurado en 1912 pola Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana, fundada na Habana coa finalidade principal da creación e mantemento dun centro de ensinanza na súa parroquia natal. Funcionou como escola laica para nenos e nenas 
- 
                             07 07Escolas Matías López en SarriaAs Escolas Matías López (Sarria) foron inauguradas en 1896 impulsadas por Matías López y López, que emigrara a Madrid, onde fixo fortuna como chocolateiro. 
- 
                             08 08Casa-escola de Entenza, en Salceda de CaselasA Casa-escola de Entenza, en Salceda de Caselas, foi inaugurada en 1932 como centro de ensino para nenos e nenas. Hoxe funciona como Centro cultural e recreativo. 
- 
                             09 09Escola de Reádegos, en VilamarínEscola de Reádegos, en Vilamarín, foi inaugurada en 1931, impulsada por emigrantes en Cuba. Dende os anos 60 funcionou como Casa do Concello da localidade 
- 
                             10 10Escola de Padróns, en PonteareasA escola de Padróns (Ponteareas) foi financiada polos tres Irmáns Barcia, sendo inaugurada en 1913. Ao morrer Generoso, o derradeiro dos tres irmáns propietarios, en 1951, deixou como herdeiros os veciños da parroquia. 
- 
                             11 11Escolas de SadaAs Escolas de Sada foron inauguradas en 1927, construídas en estilo modernista. Hoxe segue a funcionar como centro de educación infantil e primaria e leva o nome dos seus promotores. 
- 
                             12 12Escola da Alianza Aresana de InstrucciónA Escola da 'Alianza Aresana de Instrucción', en Ares, foi fundada en 1904, sendo unha das pioneiras en Galicia 
- 
                             13 13Escola de Tallós, en DodroEscola da Emigración de Tallós (Dodro) foi inaugurada en 1916, impulsada por un grupo de emigrantes da localidade en Arxentina. Funcionou como escola ata os anos 70 do século XX 
- 
                             14 14Escolas "República Argentina" en CortegadaEscolas "República Argentina" (Cortegada) foron inauguradas en 1935. O edificio funcionou tamén como Casa do Concello da localidade, xulgado e casino