
Punto e final ao megaproxecto mineiro en Touro tras catro anos de loita social
A Xunta comunica a Cobre San Rafael o rexeitamento definitivo á reactivación da mina e ratifica a declaración ambiental desfavorable de hai un ano. A plataforma veciñal celebra a fin dun "proxecto sen garantías".