Praza Pública

Praza Pública

  • MicroQontos para ler entre tweet e tweet

    Daniel Landesa creou hai un tempo un certame de microrrelatos no seu blogue. A iniciativa tivo éxito e nela participaron moitos internautas, e entre eles algúns escritores e escritoras recoñecidas, coma Mario Regueira, Rubén Ruibal ou Fran Castiñeira. Ofrecémosvos un breve libro que compendia todos aqueles contos, exemplos dunha cultura cativa e orgullosa de selo, porque "como cultura cativa facemos moito e ben".

  • Cara a onde van os tiros?

    O novo proxecto de lei de caza introduce numerosas rebaixas na regulación actual. A actividade cinexética pode representar un recurso sostible de interese para o medio rural, mais o xiro que o goberno quere darlle con esta nova regulación encamiña á sociedade a un conflito constante. Unha análise de Xabier Bruña en Tripando terróns, o blog de Praza sobre o mundo rural

  • Lectura para a fin de semana: 'O clan do oso das cavernas'

    O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller cromagnon, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos.

  • O 'Atlético de Madrid' de Tetuán gaña a liga marroquí

    O Moghreb Atlético de Tetuán (MAT) alzouse co campionato da primeira división de fútbol ao imporse ao FUS de Rabat por 1 gol a 0. É a primeira vez que gaña a liga este equipo, singular por ter xogado na Primeira División española, cando o norte de Marrocos aínda era unha colonia, e por ter un acordo de máxima colaboración co clube do Manzanares. Unha crónica de Correo Diplomático.

  • "Feijoo, atende, a sanidade non se vende"

    Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Beiras.