Pídenlle a Louzán que explique por que se gastou máis do dobre do previsto nas obras de Pasarón

Rafael Louzán, á esquerda © http://libertadpp.blogspot.com.es

A reforma do estadio de Pasarón, en Pontevedra, custaralles ás administracións públicas ao redor de 16 millóns de euros, un 120% máis do orzamento inicialmente previsto, que roldaba os sete millóns. O proxecto inicial data de 2005 e nel especificábase unha cantidade moi inferior, que sería achegada por Xunta, Deputación e Concello. Porén, dende entón o plan de reforma do estadio sufriu numerosas modificacións.

CC.OO. lembra que o máximo permitido legalmente na execución dunha obra pública para modificados de obra é do 20%, polo que o incremento sería ilegal. O sindicato esíxelle explicacións a Rafael Louzán, presidente da Deputación, por este desbaldimento de cartos públicos.

De igual xeito, o Concello de Pontevedra cualifica este gasto, aprobado pola Deputación, de "algo sangrante nos momentos en que estamos, de cara á cidadanía en xeral e particularmente para os clubes deportivos de Pontevedra, que sofren recortes nas achegas de cartos públicos". 

O vindeiro 7 de setembro Pasarón acollerá o partido amigable entre as seleccións de España e Arabia Saudí, no que suporá a inauguración do novo estadio

O vindeiro 7 de setembro Pasarón acollerá o partido amigable entre as seleccións de España e Arabia Saudí, no que suporá a inauguración do novo estadio. A organización deste encontro, que terá un custe dun millón de euros para a Deputación, tamén espertou as críticas do Concello de Pontevedra e tamén de CC.OO., que denuncia que con eses cartos se poderían aboar as pagas extraordinarias anuladas a todos os traballadores do ente provincial.

Para ese partido venderanse 6.500 entradas a uns prezos entre 35 e 60 euros, mentres que a Deputación de Pontevedra ten reservadas outras 4.500, que repartirá entre os clubes deportivos da provincia e outras entidades.

CC.OO. cre que con esta inauguración se completará "o despropósito da xestión do proxecto, xa que se demostra que a política funciona á marxe do pobo, xa que mentres o presidente vén realizando un discurso de austeridade e recorte, dá as ordes para despilfarrar e gastar en cuestións que non son as que se necesitan para fomentar a actividade económica e o emprego".

O sindicato denuncia que esta actuación non é un caso illado na xestión da Deputación de Pontevedra, pois varios proxectos seguen o mesmo procedemento

O sindicato denuncia que esta actuación non é un caso illado na xestión da Deputación de Pontevedra, pois varios proxectos seguen o mesmo procedemento: "no proxecto inicial adxudícase a unha empresa construtora por un custe que logo se incrementa, chegando este a máis do dobre en moitas ocasións".

Rafael Louzán, á esquerda © http://libertadpp.blogspot.com.es
Estadio de Pasarón © Andrés Milleiro

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.