Cuac FM completou os trámites para optar ao concurso de licenzas

O estudio de Cuac FM CC-BY-NC Cuac FM

Os responsables da emisora comunitaria Cuac FM presentaron esta mañá na Xunta de Galicia o depósito de 8200 euros e a documentación requerida para optar ao concurso de licenzas de FM pola demarcación de A Coruña. Cumpren así cos requisitos para participar nunha convocatoria coa que non están de acordo, pois exclúe expresamente as emisoras non comerciais, que a diferenza doutros países europeos, en España non contan cun espazo reservado no dial. Por ese motivo, e en paralelo a este intento de obter unha licenza comercial, Cuac presentará un recurso contra a propia convocatoria. En caso de obter unha licencia de radio comercial, a emisora podería emitir con 8000 vatios de potencia, pero os voceiros da asociación CUAC comprometese a manter o seu carácter de emisora comunitaria sen ánimo de lucro.

Este xoves ao mediodía Cuac FM realizará un acto público na Coruña para presentar o recurso contra o concurso de licenzas

Este xoves ao mediodía Cuac FM realizará un acto público na Coruña para presentar o recurso contra o concurso de licenzas, xa que entenden que vulnera o dereito de cada cidadán, recollido no artígo 4 da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Será na pomba da paz de Picasso, na Praza de Pontevedra, a partir da unha. Así mesmo, Cuac convida a todas as persoas a presentar recursos individuais aproveitando un formulario que se pode descargar da páxina web da emisora. Este xoves 30 de agosto, de feito, finaliza o prazo para presentar recursos a nivel individual contra o concurso de licenzas.

Así mesmo, Cuac FM celebrará este xoves pola tarde unha xornada de portas abertas, dende as cinco até as nove, nas súas instalacións situadas no campus  universitario da Zapateira. Animan á cidadanía a achegarse para coñecer de primeira man os servizos que a emisora ofrece "e sair ao ar se o desexa para decir o que quiera, como toda a xente que xa emite". Tamén continúa aberta a campaña de crowdfunding para financiar a emisora, que en só cinco días recadou xa 1.100 euros

Algúns dos responsables de Cuac FM, na presentación da campaña CC-BY Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.