A foto da fin de semana: 'Pussy Riot' en Compostela

As 'Pussy Riot' galegas CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

O sábado pola mañá seis integrantes da Rede Feminista despregaron o sábado unha faixa na Catedral de Santiago, pedindo a liberdade das activistas rusas e con críticas, sobre todo, a Gallardón e á reforma da lei do aborto.

Ás doce e vinte do mediodía o grupo iniciou a acción sorpresa, coa cabeza cuberta con medias de cores de cores, ao igual que a banda de punk perseguida por Moscova. Penduraron do balcón da catedral a faixa, na que se podía ler Pussy Riot, Liberdade. Só uns minutos despois os gardas de seguridade retiraron a tea, pero o acto reivindicativo estaba cumprido, á vista de todos os turistas que se atopaban na praza nese momento, e dos medios de comunicación. 

Unha vez desaloxadas do edificio, o grupo continuou a súa protesta ao pé da catedral, con berros de "Presas á rúa, a loita continúa", "As presas agora, queremos velas fóra", "Non pasarán, aborto libre", "Non pasarán o PP e Gallardón" ou "Fóra rosarios dos nosos ovarios", centrando a reivindicación nas críticas á reforma popular da Lei do Aborto.

Os vixilantes de seguridade da Catedral, retirando a faixa CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo
As 'Pussy Riot' galegas CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.