O Ministerio de Consumo pide á Xunta que actúe contra 9.000 pisos turísticos "ilegais" en Galicia
Detecta dispoñibles en plataformas case 15.000 anuncios de vivendas turísticas, das que máis do 60% non mostran o número de licenza requirida. Nunha xuntanza en Santiago, o ministro Bustinduy destaca que na cidade operan 406 destes aloxamentos cando só hai 66 permisos municipais.