Caso Villares

  • A instrutora do caso Villares decide non enviar o ex-conselleiro a xuízo por agresión sexual

    Tras concluír as pescudas a xuíza considera que "non ha lugar ao procesamento" por delito contra a liberdade sexual, arquivo que agora debe ratificar ou revogar a Audiencia da Coruña. Tivo que analizar diversas probas forenses que implicaban análises químicas e mostras biolóxicas de denunciante e denunciado. Fontes xudiciais advertían de que cumprían meses para facelo nun caso máis complexo porque os feitos denunciados aconteceran nun espazo privado

  • O ex-conselleiro Villares volve ao posto de veterinario en Medio Rural e a CIG advirte "trato de favor"

    O sindicato afirma que a Xunta "ten reservado un posto" a Villares malia "non ter dereito por ser persoal temporal" ao non incluír a praza no concurso de traslados que Medio Rural ten en marcha. O Goberno galego retruca que tramitou o seu regreso tras a "excedencia forzosa" seguindo as normas. En 2020, cando Villares era alcalde de Cervo, CSI-F atribuíra un "cambio de criterio" da Xunta nunha consolidación de emprego de veterinarios á vontade de que o dirixente do PP "mantivese o posto indefinidamente aínda que non participase na oposición

  • Rueda refúxiase do aluvión de preguntas sobre o caso Villares con ataques a BNG e PSdeG

    "Encubriu durante meses un presunto agresor sexual" e despediuno "entre aplausos" e "sen unha soa palabra de apoio á denunciante", "iso chámase violencia institucional", denuncia Pontón. "O seu silencio fai pensar que ten información problemática e non a conta", advirte Besteiro, que esixe aclarar por que "se soubo a identidade da denunciante" aos "poucos minutos" de marchar Villares. O presidente retruca a portavoz nacional do BNG reprochándolle que non critique o PSOE por presuntos casos de corrupción que o afectan no Estado e ao secretario xeral do PSdeG, polas imputacións xudiciais que o atinxiron a década pasada, todas elas arquivadas

Temas relacionados