Ourense
Ence admite "erros" na avaliación ambiental dunha planta de biogás na Limia con datos de Zamora
A Xunta reinicia a tramitación do proxecto logo de que na documentación orixinal figurasen datos doutra planta similar que a empresa impulsa a 200 quilómetros
Outro accidente mortal eleva cando menos a 15 os falecidos nas obras do AVE galego
Un traballador morre e outro resulta ferido nun sinistro cun elevador nas obras da alta velocidade na aínda pendente variante de entrada a Ourense, en San Cibrao das Viñas
Campaña para salvar a mina de volframio de Valborraz, "patrimonio único" afectado polo lume
O incendio que en agosto arrasou o espazo protexido de Pena Trevinca afectou á mina existente en Casaio (Carballeda de Valdeorras). A Asociación Científica Sputnik Labrego, en colaboración co Albergue Eco dos Teixos e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira, chaman a recadar fondos para protexer as instalacións que na Segunda Guerra Mundial explotaron os nazis.
Valdeorras alerta do "caos" polo arrastre de cinzas dos incendios: "Será peor que o lume"
Concellos da comarca, que sufriron xa restricións de auga polas escorreduras das primeiras chuvias, advirten de problemas máis graves coas próximas precipitacións e sinalan a Xunta pola súa "inacción": "Deixáronnos sós nos incendios e déixannos agora".
A UE lembra que a Xunta debe avaliar o impacto ambiental de novas granxas na xa contaminada Limia
A Comisión Europea, preguntada pola recente sentenza que condena a inacción de Xunta e Estado, lembra que tamén está pendente de que o Estado aplique a directiva que obriga a designar zonas vulnerables á contaminación por nitratos
Concellos de Valdeorras e ADEGA lanzan unha acción de voluntariado para restaurar áreas incendiadas
A entidade ecoloxista mobilizará esta fin de semana máis de 70 voluntarios e voluntarias para realizar labores de control de erosión e freo de escorrentías coa colaboración dos concellos da Rúa, Petín, O Barco, O Bolo e Vilamartín. Insta a Xunta, confederacións e deputacións a promover un voluntariado galego para a restauración hidrolóxica e ambiental das zonas queimadas que teña un carácter único e integrado e que sexa permanente ao longo do ano.
Condenado o alcalde de Verín por obras a carón dunha igrexa sen licenza nin permiso de patrimonio
A Audiencia de Ourense sentenza ao socialista Gerardo Seoane a dous anos de cadea, un de inhabilitación como promotor de obras e multa de 2.500 euros por un delito contra a ordenación do territorio, e absólveo de prevaricación urbanística
Retorno á zona cero dos incendios dende o ceo para non esquecer
O realizador chairego Daniel Canto retrata cun dos drons da súa produtora, Vagalume Audiovisual, a destrución causada polo lume o pasado agosto en varias das localidades ourensás máis afectadas. "Os que nos dedicamos a isto temos a responsabilidade de amosar o que pasa en realidade", explica Canto, especialmente impresionado polo visto na "arrasada" aldea de San Vicente de Leira
Valdeorras clama contra o abandono e por medidas contra o lume: "O rural merece máis"
Unha mobilización reúne máis dun milleiro de persoas que amosan a "indignación" dunha comarca "cansa e queimada" tras a vaga de incendios: "Non queremos máis desculpas. Queremos un futuro verde, con vida, con esperanza".
Os bombeiros forestais, protagonistas de 'La Revuelta' que reivindicou investimento no rural e "condicións dignas"
Catro integrantes da BRIF de Laza, presentados como "quizais as persoas máis importantes a día de hoxe en España" explicaron en que consiste o seu traballo ou como se usa un batelume. Ademais, alertaron da crecente "virulencia" dos incendios debido ao "abandono" do rural.
Un manifesto pide a recuperación de parte da lagoa de Antela no 67 aniversario da súa desecación
Adega, Grupo Naturalista Hábitat e Sociedade Galega de Historia Natural reclaman ao Goberno central e á Xunta que traballen para a restauración das 1.028 hectáreas que eran de dominio público, seguindo os obxectivos fixados en 2022 polo Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación de zonas húmidas desaparecidas.