O alcalde de Verín é xulgado por obras municipais a carón dunha igrexa sen licenza nin permiso de Patrimonio
A Fiscalía pide 6 anos de cadea para o socialista Gerardo Seoane por delitos de prevaricación urbanística e contra a ordenación do territorio. E indica que a Consellería de Cultura chegou a pedir "o auxilio da Policía Autonómica para entregar ao acusado a notificación do informe antedito, negándose o acusado a asinar e recoller" a notificación