Un plan para protexer a Carballa da Rocha, 'monumento natural' de 500 anos de idade
Trátase dun carballo de 33 metros de altura e sete metros de perímetro que medra en Rairiz de Veiga. Declarado árbore senlleira e monumento natural en 2007, agora contará cun plan de xestión para garantír a súa preservación.