Un roteiro percorre este sábado o barrio no que naceu e medrou a homenaxeada nas Letras ata que a transformación urbanística obrigou a familia a mudarse a Coia, onde a autora viviu a súa mocidade
Begoña Caamaño tivo dúas cidades: Vigo, onde naceu, medrou e comezou a traballar como xornalista; e dende 1992, Santiago, onde marchou con 28 anos. Pero Begoña nunca deixou de ser viguesa. Viguesa do Calvario, primeira, e de Coia, posteriormente, despois de que a familia se tivese que trasladar a este novo barrio en expansión trala derruba da finca familiar por mor do novo plan urbanístico.
Se Coia é a adolescencia de Begoña Caamaño, onde descobre de verdade o mundo real nun polígono en construción, as mobilizacións estudantís, a loita obreira... O Calvario é a súa infancia, as casas da súa bisavoa e da súa avoa, un patio cun pilón e un pozo, as hortas próximas.
Este sábado O Calvario é o escenario do roteiro Percorrendo o Vigo obreiro da nena Begoña Caamaño, unha proposta que se inscribe na novena edición do proxecto Rutas de Historia en colaboración co portal Historiadegalicia.gal. A actividade, que xa ten as 60 prazas esgotadas, propón un percorrido de tres horas e seis quilómetros polos espazos que marcaron a infancia da homenaxeada nas Letras Galegas.
A novena edición do proxecto Rutas de Historia, en colaboración co portal historiadegalicia, será guiada por Marcos Calveiro
O roteiro comezará ás 10 da mañá dende os exteriores da estación de Vialia en Vigo e será guiado polo escritor e director da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro.
Ao longo do traxecto, as persoas participantes transitarán por distintos puntos do barrio que permiten reconstruír tanto a historia colectiva do Calvario como as vivencias persoais da autora.
O roteiro inclúe paradas en lugares como o Mercado do Calvario, antigos cines, a Sociedade de Agricultores, fábricas históricas ou edificios como o Bandeira e a coñecida Igrexa dos Picos. Estes espazos serven como fío condutor para abordar a identidade obreira da zona e o contexto social no que Caamaño desenvolveu a súa infancia
O roteiro inclúe, por exemplo, paradas en lugares significativos como o Mercado do Calvario, antigos cines, a Sociedade de Agricultores, fábricas históricas ou edificios como o Bandeira e a coñecida Igrexa dos Picos. Estes espazos serven como fío condutor para abordar a identidade obreira da zona e o contexto social no que Caamaño desenvolveu a súa infancia durante unha década, antes de que a transformación urbanística obrigase á súa familia a abandonar o barrio.
Un tempo da nenez en que Begoña chegou a ser alumna de francés nun colexio do barrio dunha profesora ben nova que se chamaba Mª Xosé Queizán. "As pequenas historias dun barrio obreiro que forzaron e deixaron unha pegada indeleble en Begoña Caamaño", destacan os organizadores.
Se Coia é a adolescencia de Begoña Caamaño, onde descobre de verdade o mundo real nun polígono en construción, as mobilizacións estudantís, a loita obreira... O Calvario é a súa infancia, as casas da súa bisavoa e da súa avoa, un patio cun pilón e un pozo, as hortas próximas
A proposta combina o relato biográfico coa análise do entorno social e económico, evocando episodios como a súa formación académica —na que figura unha etapa como alumna de francés nun colexio do barrio— e outras experiencias que contribuíron a configurar o seu perfil persoal e intelectual. A actividade incorpora tamén fragmentos e palabras da propia autora, que acompañan o percorrido como elemento interpretativo.
A elección do Calvario como escenario non responde unicamente á biografía dunha escritora, senón tamén á vontade de recuperar unha parte esencial da memoria viguesa, facendo visible como os barrios, os seus espazos e as súas transformacións condicionan vidas, relatos e identidades.
A elección do Calvario como escenario non responde unicamente á biografía dunha escritora, senón tamén á vontade de recuperar unha parte esencial da memoria viguesa
A proposta insírese nun modelo de divulgación patrimonial que entende o territorio como arquivo vivo. Desde a súa creación en 2017, o proxecto Rutas de Historia desenvolveu un amplo programa de itinerarios por Galicia co obxectivo de promover a conservación e valorización do patrimonio histórico, cultural e paisaxístico mediante experiencias presenciais. Ao longo destes anos, a iniciativa suma máis de 66 rutas en 72 concellos galegos, nas que participaron xa máis de 4.000 persoas.