O BNG insta a emitir os partidos do Breogán pola TVG, que asume que non se interesou por mercalos
O Bloque presentará iniciativas no Parlamento para reclamar aos medios públicos que negocien a adquisición dos dereitos dos encontros do único equipo galego na ACB. TV3 retransmitirá un con represetación catalá cada xornada e TVE outro en aberto, mentres as televisións vasca e canaria negocian tamén un acordo coa liga de básquet.
O PP obtén a alcaldía de Carral, a sexta que gaña a través dunha moción de censura neste mandato
Os populares gañaron xa nove alcaldías, entre dimisións e mocións de censura, desde as últimas eleccións municipais. A última apoiándose en dous tránsfugas de Alternativa dos Veciños, que perde o bastón de mando como hai un mes en Fisterra.
A Xunta centra a estratexia contra o lume na UME que o PP rexeitaba e nunha base que Rajoy negou
A sede permanente da Unidade Militar de Emerxencias que reclama Rueda para Galicia foi rexeitada polo goberno do PP en 2018. Os populares criticaran con dureza a creación deste corpo por parte de Zapatero hai vinte anos.
- Datos
- Economía
Agro e pesca superan as 40 horas semanais en Galicia en pleno debate sobre reducir a xornada
A redución horaria que o "non" de Junts se dispón a frear no Congreso canda PP e Vox favorecería en Galicia a arredor de medio millón de persoas asalariadas
Franco morreu, o seu BOE segue vixente (IV): os bens apropiados
50 anos despois da morte do ditador as súas decisións seguen marcando a Galicia actual. Nas fins de semana de agosto lembramos algunhas, como as apropiacións de bens en beneficio da familia Franco.
O lume arrasa máis hectáreas que en 2006 en 6.500 incendios menos
Só catro incendios —os iniciados en Chandrexa de Queixa, Larouco, Oímbra e A Mezquita— queimaron en Galicia a mesma superficie que en 2006 arrasaron arredor de 2.000 fogos. Son moitos menos incendios pero moito peores: máis perigosos, virulentos, voraces, veloces e incontrolables en moitos casos.
A alerta non foi abondo: Galicia bate co lume incontrolable malia anos de avisos
Desde hai tempo, sobre todo tras vaga de 2017, expertos e administracións alertan do grave risco de incendios inabarcables, cada vez máis perigosos e voraces e con graves consecuencias agudizadas polo cambio climático. Numerosos informes advertiron en detalle dos tráxicos efectos e dun tipo de fogos que acabaron por arrasar a provincia de Ourense este verán.
A Xunta retirou bombeiros de Ourense mentres pedía máis medios ao Estado
O Goberno galego reactiva os efectivos dos consorcios provinciais que ordenou desmobilizar o martes a última hora e logo de que moitos deles pasasen horas nalgún parque "sen facer nada de nada" á espera de indicacións.
"Deixáronnos sós": a loita veciñal contra o lume que arrasa aldeas
As lapas destruíron por completo San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, no mesmo día no que a veciñanza do Canizo, na Gudiña, salvou por pouco as súas casas. Magdalena e Raquel, veciñas, relatan a batalla do pobo en solitario contra incendios "nunca vistos" e o "inferno" no que se converteron dous núcleos aos que non chegaron medios: "Non veu ninguén".
Dous dos maiores incendios da vaga comezaron en núcleos con vixilancia especial da Xunta
O fogo de Chandrexa, o segundo máis grande da historia en Galicia, iniciouse en Requeixo, unha das parroquias de alta actividade incendiaria, onde o Goberno galego intensifica a atención e a "disuasión" e aplica "medidas extraordinarias" de prevención e protección. A Granxa, onde prendeu o lume de Oímbra, tamén está incluída nesta listaxe, ao igual que outros seis núcleos que sufriron as lapas este ano.
O grande incendio de Ourense xa é o maior da historia de Galicia
A unión dos dous focos en Chandrexa de Queixa e logo a outro en Vilariño de Conso creou un gran fogo de máis de 16.000 hectáreas, o meirande documentado no país, que afecta sete concellos. Moi preto, en Maceda tamén confluíron dous importantes incendios e en Oímbra e A Mezquita hai outros dous de 10.000 e 9.000.
O lume de Chandrexa alcanza as 11.000 hectáreas e os incendios sen control xa arrasan 29.000
A unión de dous focos no fogo do Macizo Central apunta ao maior incendio rexistrado na historia de Galicia. En Maceda tamén se uniron dúas frontes, noutra xornada de caos e avance virulento das lapas en Ourense, con 8.000 hectáreas queimadas na Mezquita e 6.000 en Oímbra.