A Universidade da Coruña prevé impartir Medicina en 2027
O reitor, Ricardo Cao, anuncia o inicio dos trámites para implantar a nova titulación en dous anos, unha medida que xustifica pola falta de remuda xeracional no persoal médico e para dar resposta á alta demanda formativa.
A UE volve adiar a oficialidade do galego entre presións do PP para freala
O Goberno de España acepta suspender a votación prevista e continuar o debate tras a demanda de máis información e as dúbidas legais e financeiras de varios Estados. O Partido Popular recoñece as súas manobras para conseguir que os tres idiomas non se tornasen oficiais.
- Entrevista | Ismael Olveira
- Política
"Se damos vía libre ao eucalipto, a industria do piñeiro desaparece"
O secretario da Fundación Arume advirte dun sector forestal "abandonado polas administracións" en Galicia, insiste en pedir aumentar a moratoria ao eucalipto e apunta á grave situación do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, para o que pide investimento e recursos.
Cooperativistas sinalan a Xunta pola "dubidosa xestión" do seu proxecto de alugueiro social na Coruña
As persoas socias da cooperativa á que a Xunta cedeu parcelas para 224 vivendas sociais din sentirse "desamparadas" e acusan a Consellería de Vivenda de "defender" a xestora e de "inacción" ante as demoras, a falta de financiamento e os cambios nas condicións económicas.
- Datos
- Economía
O 8% dos fogares con menores sofre pobreza laboral en Galicia, que ten a taxa máis baixa
O país é a comunidade autónoma con menor porcentaxe de vivendas nesta situación. No conxunto do Estado, máis do 17% das familias con crianzas e emprego non superan o limiar da pobreza malia ter traballo.
- Análise Dereito á vivenda
- Economía A Coruña
Atraso, receos e mil euros de renda: así periga o proxecto modelo da Xunta para vivenda social
O Goberno galego adxudicou en 2023 terreos no barrio coruñés de Xuxán á cooperativa Galivivienda para a construción de 224 pisos de alugueiro social. Dous anos despois, as obras aínda non comezaron, moitos cooperativistas abandonaron o proxecto e o resto mobilízase ante as cotas prohibitivas, a falta de información e as continuas demoras.
Sen pancarta e sen resposta: a campaña polo topónimo oficial no Deportivo segue á espera do club
A iniciativa de Aquí Tamén Se Fala, apoiada polo Concello, a Xunta ou a Academia, continúa a sumar apoios mentres espera por unha xuntanza co Dépor que non chega. Unha faixa co lema da campaña que ía lucir Riazor polo Día das Letras foi vetada a última hora.
- Reportaxe Letras Galegas 2025
- Acontece
Escolas de música tradicional, onde o galego reverdece á calor da pandeireta
Milleiros de persoas asisten diariamente nas cidades a clases en asociacións culturais onde a lingua galega flúe con naturalidade malia a caída no seu uso que revelan as estatísticas. Falamos con varias delas e debatemos co alumnado.
- Crónica #DefendeAGalega
- Política
"A proposta do PP para dirixir a CRTVG é unha mensaxe demoledora, unha broma de mal gusto"
A elección de Concepción Pombo por parte dos populares para ser a nova directora xeral dos medios públicos causa sorpresa e indignación no comité, parte do persoal ou o colectivo Defende A Galega, que advirten de "continuísmo e conformismo" e dunha figura que definen como "a máxima responsable da manipulación na etapa de maior control político".
A UE volverá abordar a oficialidade do galego, que aspira a ser 'legal' axiña na Eurocámara
O Consello da Unión Europea debaterá se fai oficiais as linguas galega, catalá e vasca o vindeiro 27 de maio, "con máis posibilidades que outras veces". O seu uso no Parlamento europeo podería ser autorizado tras o acordo por unanimidade da Cámara galega para reclamalo.
Outra universidade privada emerxe en Galicia sen apoio explícito da Xunta nin do Estado
O proxecto impulsado por Cesuga pretende iniciar a súa andaina no curso 2026-27. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apoia unha iniciativa que di que conta co visto e prace do Goberno de España malia que recibiu un informe negativo hai un ano e que a Administración autonómica non avanzou na súa autorización e pide agora "unha aclaración" ao Executivo central sobre o proceso.
As autonomías plurilingües unen esforzos para impulsar o uso das linguas propias entre a xente nova
A Xunta participou na comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en política lingüística, que une as comunidades con varios idiomas oficiais, que puxo especial énfase na análise das políticas lingüísticas "en contextos educativos e sociais nos que os máis novos teñen un papel protagonista".