O Bono Concilia exclúe tamén campamentos privados por usaren instalacións públicas
A Consellería de Política Social vetou os campamentos municipais das axudas, que agora denega tamén aos de empresas privadas por utilizar instalacións públicas de municipios ou de universidades. Ao tempo, familias reciben a subvención por actividades de concellos ao constar na factura o nome da concesionaria que as xestiona.
De casas reitorais a vivendas sociais: o Arcebispado ofrece 800 inmobles fronte á emerxencia
A Arquidiocese de Santiago, Cáritas e o Colexio Oficial de Arquitectos asinan un acordo para "identificar, estudar, rehabilitar e poñer en uso" antigas vivendas de curas e convertelas en "recursos residenciais para persoas e familias en situación de vulnerabilidade".
A folga alén da vivenda: 14 xornadas de paro nos supermercados en cinco meses
Persoal do comercio de alimentación da Coruña vai tres novos días á folga para reclamar un "convenio digno" e melloras salariais e laborais que palien a súa precariedade ante unhas negociacións bloqueadas. Na provincia de Lugo, un acordo a última hora entre UGT e a patronal desconvoca o paro previsto entre críticas de CCOO e CIG.
11N, folga xeral: "Non é de ningunha organización, é do pobo e para o pobo"
A indignación pola crise de acceso á vivenda provocou un clamor cidadán en demanda de solucións pero tamén dun paro que levaban tempo reclamando os sindicatos de inquilinas. As principais organizacións sindicais de clase (CCOO, UGT e CIG pero tamén LAB, ELA, CGT ou a CUT) atenderon a petición e convocan a sociedade a parar para "acabar coa especulación da vivenda" e ter "salarios dignos".
- Informe PISA Escola pública
- Acontece
Máis dun terzo do alumnado galego usa IA cada semana para os traballos de clase
Case un 40% di tirar semanalmente de ChatGPT, Gemini ou ferramentas semellantes para resumir textos, segundo os datos do informe PISA sobre a intelixencia artificial, un recurso que veu para quedar. "Non se pode prohibir; a clave está na formación, primeiro do profesorado e tamén do alumnado", di Francisco Bellas, investigador do CITIC da UDC.
O galego xa ten novo plan de normalización, sen consenso 22 anos despois
PP, PSdeG e Democracia Ourensana dan o visto e prace no Parlamento á actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que substitúe o que en 2004 foi aprobado por unanimidade na Cámara. O BNG vota en contra e denuncia o "retroceso" que supón para o idioma.
Xunta, PP e PSdeG asumen que o novo plan de normalización "non cambia o modelo" lingüístico
Populares e socialistas consuman o seu acordo para a renovación do PXNLG no debate no Parlamento, entre duras críticas do BNG ao "pacto de conveniencia" entre as dúas formacións: "É unha proposta covarde, censurada e tuneada por un pacto de despachos".
Luz verde á reforma da atención primaria do Sergas un ano despois do último plan frustrado
A proposta de novo modelo chega logo de que o presentado no outono pasado fora contestado con folgas e protesta polo persoal. O plan ten un orzamento de 320 millóns ata 2030, prevé crear 644 prazas para novos profesionais, limitar a 30 as consultas por axenda médica ou complementos retributivos pola complexidade dos pacientes.
CCOO e UGT irán á folga xeral pola crise de vivenda
Os dous sindicatos atenden a demanda da rúa nas grandes manifestacións da fin de semana e anuncian un paro neste outono, coa data aínda por concretar. A CIG, que apoia as mobilizacións pola crise habitacional, prevé aclarar a súa postura este martes.
Galicia fai tres anos sen carbón: "Menos emisións, máis eficiencia e máis soberanía enerxética"
En outubro de 2023 a central térmica das Pontes apagaba de vez tras case medio século e o país poñía fin á queima de carbón para producir electricidade. Un informe de Galiza sen gas advirte dos múltiples beneficios dun peche que non foi "ningún desastre social nin puxo en perigo a seguridade enerxética" malia algúns agoiros "catastrofistas".
A rabia pola vivenda desemboca en manifestacións por toda Galicia este sábado
Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo e Ferrol acollen protestas reclamando "solucións permanentes" á crise habitacional e mesmo reclamando unha "folga xeral".
Manifestacións e acampada no Obradoiro: a protesta pola vivenda non se detén
Decenas de persoas acampan desde a noite do xoves no Obradoiro en demanda de "vivenda universal, gratuíta e de calidade". Hai convocadas manifestacións en varias cidades para o vindeiro sábado. As protestas consideran "insuficientes" os decretos aprobados polo Goberno de España pero piden a súa aprobación como primeiro paso para medidas máis de fondo.