Galicia fai tres anos sen carbón: "Menos emisións, máis eficiencia e máis soberanía enerxética"
En outubro de 2023 a central térmica das Pontes apagaba de vez tras case medio século e o país poñía fin á queima de carbón para producir electricidade. Un informe de Galiza sen gas advirte dos múltiples beneficios dun peche que non foi "ningún desastre social nin puxo en perigo a seguridade enerxética" malia algúns agoiros "catastrofistas".
A rabia pola vivenda desemboca en manifestacións por toda Galicia este sábado
Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo e Ferrol acollen protestas reclamando "solucións permanentes" á crise habitacional e mesmo reclamando unha "folga xeral".
Manifestacións e acampada no Obradoiro: a protesta pola vivenda non se detén
Decenas de persoas acampan desde a noite do xoves no Obradoiro en demanda de "vivenda universal, gratuíta e de calidade". Hai convocadas manifestacións en varias cidades para o vindeiro sábado. As protestas consideran "insuficientes" os decretos aprobados polo Goberno de España pero piden a súa aprobación como primeiro paso para medidas máis de fondo.
A CSAG nega que ocultase a sanción á adega da familia dun conselleiro porque informou oito días despois
Concha Pombo, directora xeral dos medios públicos, responde ás acusacións de BNG e PSdeG de "silenciar"o caso aludindo a unha información de vinte segundos no medio dunha crónica parlamentaria unha semana despois de que se coñecese.
A indignación pola vivenda volve erguer as protestas nas cidades galegas
Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol acollen concorridas mobilizacións exixindo medidas e denunciando os desafiuzamentos á espera do decreto que saia do Consello de Ministros.
- Análise O futuro do galego
- Política
O que cambia para o galego no ensino tras o pacto PP-PSdeG
O novo plan de normalización afianza o equilibrio do 50% entre linguas do decreto do plurilingüismo fronte ao 50% "como mínimo" para a galega que establecía o de hai 22 anos ou o decreto de 2007. En educación infantil, o texto é máis ambicioso pero sen alusión ao ensino exclusivo en galego que si se ofrecía nas antigas Galescolas.
Pacto lingüístico PP-PSdeG
Populares e socialistas pactan varias mudanzas no novo Plan Xeral de Normalización. O acordo mudará o decreto do ensino para permitir que se impartan en galego materias científicas, ata agora vetadas, pero sen aumentar o peso da lingua propia: se o bloque científico é en galego, o de ciencias sociais será en castelán. O BNG critica a "pinza bipartidista" para "enterrar" o idioma.
A UE advirte que España xa pode traducir o galego ao ser preguntada por cando será oficial
O Consello responde a unha pregunta da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, obviando calquera referencia ao debate aberto para a oficialidade da lingua propia e aludindo a acordos puntuais de hai dúas décadas para o seu uso nalgunhas institucións comunitarias.
A CSAG engade editoriais aos informativos e persoal denuncia "un agravamento da manipulación"
Traballadores dos medios públicos protestan contra a incorporación de "opinións mesturadas con información" e "discursos partidistas" en programas informativos de TVG e Radio Galega, difundidos por presentadores da casa e "incumprindo" as propias normas da Corporación.
- 📺
- Política
A deputada galega do PP Ana Vázquez, expulsada do Congreso por sacar un bote de gas pementa
A parlamentaria asegurou no pleno que é "material escolar básico" en Ceuta e a presidenta da Cámara instouna a sacar fóra o que considera "unha arma". Marchou ovacionada pola maioría da bancada do PP e foi defendida por Feijóo e o . En paralelo, alguén descargou gas pementa nas instalacións do hemiciclo, obrigando a precintar algunhas zonas.
Indignación docente ao ampliar a Xunta a ofensiva contra as baixas ao profesorado
O conselleiro de Educación liga a falta de docentes que denuncian os sindicatos ás baixas e pide "avalialas" por seren excesivas, nunha estratexia que apoia Rueda, que cualifica de "preocupante" o número. CIG-Ensino, CCOO, BNG e PSdeG denuncian a "criminalización" do profesorado e da clase traballadora.
O galego volve bater contra o muro da UE malia o ultimato do Goberno de España
O Executivo central asegura que non aceptará ningunha outra lingua máis oficial na Unión, como consecuencia dunha futura ampliación, se antes non se aceptan galego, catalán e vasco. Irlanda, que ocupa a presidencia rotatoria, aclara que tampouco este martes se decidirá nada sobre o futuro das tres linguas en Bruxelas.