A nova lei de incendios prevé máis "paisaxes mosaico" no monte e endurecer as multas por non rozar
O borrador prevé elevar ata 100.000 euros as sancións a que non limpe as franxas, duplicar a distancia de seguridade aos núcleos en zonas estratéxicas —de 50 metros a 100— e pon o foco no risco que supoñen as zonas interface urbano-forestal. A norma leva seis anos aparcada: o Goberno de Feijóo anunciouna por primeira vez en 2020 para remudar a do Goberno de PSdeG e BNG e o de Rueda presentouna outra volta en 2023
A Xunta reacciona a PISA: novo currículo en primaria e materia obrigatoria de lectura en secundaria
Porá en marcha entre este curso e o vindeiro un plan para "recuperar os niveis anteriores ao último Informe PISA". A comprensión lectora será "transversal" a todas as materias en primaria; 1º e 2º da ESO estrearán 'Lectura e Comprensión' e aumentará o apoio e a formación ao profesorado.
Máis malestar con Monbus: sen sitio no bus para ir traballar de Santiago á Coruña
Media ducia de persoas quedaron en terra ao intentar coller o autobús das 6:45 que une as dúas cidades, un microbús de só 19 prazas. A plataforma de afectados polos continuos problemas na liña pide "inspeccións e solucións inmediatas" á Xunta nun servizo "con capacidade insuficiente para a demanda real".
- Informe PISA Escola pública
- Acontece
Galicia suspende en integración e inclusión do alumnado migrante
A rapazada de orixe estranxeira vai case tres cursos por tras da nativa segundo PISA. O informe sinala o sistema educativo galego e insta a aplicar políticas "que combinen medidas de compensación socioeconómica con estratexias específicas de inclusión e integración" do estudantado que chega de fóra.
Persoal dos supermercados clama na Coruña por condicións dignas: "Menos cartas e máis cartos"
Traballadoras do comercio de alimentación volven saír á rúa por un convenio digno e contra o "inmobilismo" da patronal. O presidente de Gadisa envía unha carta a todos os empregados criticando a estratexia sindical, advertindo que o empresariado chegou "ata onde se pode chegar" na negociación e pedindo "defender a liberdade".
Youtubeiras fai dez anos celebrando o talento galego en redes e reivindicando as persoas pioneiras
O certame chega á súa décima edición como "referente imprescindible para a promoción e normalización do galego entre a mocidade e no ámbito dixital" e incorpora un premio honorífico á traxectoria de persoas e iniciativas.
- Datos
- Acontece
Servizos sociais en Galicia: un sistema estancado, "débil" e de cobertura "reducida"
O sistema público galego suspende no número de profesionais, en prazas residenciais para maiores, no servizo de axuda a domicilio e na acollida de vítimas de violencia de xénero e de persoas sen fogar, segundo o último informe da Asociación de Directoras e Xerentes.
O conselleiro de Educación bate na Coruña coa indignación polas deficiencias nos colexios
A caída de cascallos no CEIP de Prácticas da Coruña, a segunda vez en menos de dous anos, indigna ás familias que levan todo ese tempo mobilizadas por unha reforma integral que non chega ante as graves deficiencias do centro. Román Rodríguez promete iniciar en xuño as obras ante as protestas de nais e pais e pon prazo ao remate da actuación: no curso 2028/29.
Plan laboral da Xunta contra o "impacto" da regularización de migrantes malia que só o 5% está no paro
Máis dun terzo das persoas que solicitaron a regularización no proceso extraordinario impulsado polo Goberno de España xa están traballando legalmente e só 2.100 figuran como demandantes de emprego. O mercado laboral galego mantén a súa boa saúde grazas aos traballadores estranxeiros, que son xa case 100.000 tras un incremento de perto de 19.000 en agosto.
O fútbol esquece o risco climático: golpes de calor, baixas e lesións a máis de 30 graos en Balaídos
Varios afeccionados tiveron que ser atendidos nas bancadas durante o encontro entre o Celta e o Málaga disputado ás 14 horas malia os avisos meteorolóxicos. O futbolista Pablo Durán, afectado pola calor, non puido disputar un partido no que Iago Aspas sufriu unha rotura que o seu técnico atribúe tamén aos efectos climatolóxicos. Os problemas estendéronse por varios estadios da Liga.
- Análise Escola pública
- Acontece
O ensino alén de PISA: "Non se poden analizar os datos sen ter en conta o contexto social e de recortes"
Tres expertas do ámbito da pedagoxía, a docencia ou a organización educativa analizan a situación das aulas en Galicia tras o debate aberto polo informe. Todas coinciden na necesidade de máis recursos, na falta de adaptación ao vertixinoso cambio social ou na rixidez do sistema educativo á hora de afrontar tantos retos novos e evitan reducir o debate ao influxo do uso das pantallas.
O pleno da Coruña apoia anular os acordos que permitiron aos Franco quedar coa Casa Cornide
A decisión, cos votos a favor de PSOE, BNG e PP, supón un paso fundamental para recuperar o inmoble para o patrimonio público, sete anos despois de que se iniciase o proceso.