Fin da folga pero non do conflito: as limpadoras de Correos agardan aínda polos salarios que lles deben
As traballadoras da limpeza da empresa estatal en Galicia puxeron fin a mediados deste decembro ao paro que iniciaran en setembro pero seguen sen percibir os dous meses de soldo pendentes e acumulan medio ano sen cobrar.
Rueda defende o uso no seu vídeo electoral da expresión que agocha un insulto a Pedro Sánchez
O presidente da Xunta considera "perfectamente compatible" usar o eufemismo 'me gusta la fruta' e pedir á vez unha campaña construtiva e en paz e pide "desculpas" se alguén se sentiu insultado. "Non era esa a intención", asegura.
O conflito que evidencia a falta de bombeiros: 600 peches de parques e baixo mínimos no Nadal
O persoal contra incendios, que leva máis de medio ano en folga, denuncia a escaseza de persoal que agora se constata polo conflito e pola súa negativa a facer horas extras voluntarias para cubrir as ausencias. As administracións acúsanos de coller demasiadas baixas.
Os permisos por nacemento ampliaranse a 20 semanas e o de coidado dos fillos será retribuído
A idea é que se remuneren as primeiras catro semanas das oito das que consta o permiso para o coidado de fillos menores de oito anos, segundo explica o Ministerio de Dereitos Sociais.
Feijóo exixe a Sánchez "despolitizar" RTVE tras pedir o persoal da CRTVG auxilio por anos de "manipulación"
O líder do PP acepta reunirse co presidente do Goberno este venres pero márcalle unha lista de temas a tratar na que inclúe a "despolitización dos medios de comunicación públicos" aos poucos días de que o comité da TVG e da Radio Galega reclamasen axuda a Xunta e Parlamento para deter o "delirio partidista" a favor do PP e tras cinco anos e media de venres negros.
A reforma do subsidio de desemprego increméntao ata os 570 euros e faino compatible cun traballo
A contía subirá ata os 570 euros os primeiros seis meses e aos 540 euros os seis seguintes desde os 480 euros actuais.
Baltar nega ante o Supremo que conducise a 215 km/h e atribúe as acusacións a unha "campaña"
O avogado nega que o ex-presidente da Deputación de Ourense superase os 200 km/h no coche oficial e sostén que os feitos "xa foron resoltos" e que non se pode reabrir a causa.
Da fracasada fusión a Abanca: dez anos da compra dos restos das caixas galegas
Hai unha década, Banesco facíase por 1.000 millóns de euros con Novagalicia, banco resultante da entidade na que se fusionaran Caixa Galicia e Caixanova e cuxo rescate supuxo a perda de 9.000 millóns de euros públicos.
O corredor galego de hidróxeno: outro "agravio" do Estado denunciado pola Xunta que non foi tal
Alfonso Rueda e a patronal galega acusan o Goberno de España de deixar "desconectada" Galicia logo de que a Comisión Europea non incluíse o hidroduto Guitiriz-Zamora, un proxecto que segue adiante e que é "prioritario", tal e como confirmou varias veces Enagás, a empresa promotora.
Os bombeiros comarcais acampan de maneira "indefinida" no Obradoiro tras seis meses de folga
O persoal contra incendios anuncia que manterá a protesta ata que se solucione un conflito enquistado. O vindeiro mércores haberá unha nova xuntanza coas administracións na busca dun acordo que procuran desde hai medio ano.
- Datos Crise de prezos
- Economía
O aumento do prezo dos alimentos segue a marcar a inflación, que baixou ao 3,3% en Galicia en novembro
A inflación anual da alimentación e as bebidas en Galicia é do 9,6%, só superada en Balears, Castilla-La Mancha e as Canarias.
- Datos
- Acontece
Máis da metade da enerxía xerada en Galicia depende aínda do petróleo importado
Tres cuartas partes dos recursos enerxéticos transformados no país para obter electricidade, combustíbeis ou calor proceden de terceiros países, moitos deles situados no Sur Global, e de fontes fósiles, segundo un informe de Ogacli e Greenpeace.