- Datos
- Acontece
A obesidade afecta case un cuarto da poboación adulta en Galicia, onde o 62% ten exceso de peso
Máis de medio millón de persoas sofren obesidade no país, sendo Lugo a provincia do Estado con maior porcentaxe de casos. A comunidade autónoma é a segunda con máis persoas con peso excesivo, pero sitúase por baixo da media estatal no caso dos menores.
O conflito da limpeza en Correos enquístase e xa ameaza o servizo postal en Galicia
As limpadoras suman tres meses en folga e cinco sen cobrar e manteñen as mobilizacións. As condicións de insalubridade levan o persoal do principal centro de xestión postal de Galicia, en Santiago, a convocar un paro indefinido que pon en risco a correspondencia a partir do 3 de decembro.
O Supremo abre causa contra Baltar por conducir a 215 km/h
O alto tribunal anuncia que existen "indicios da comisión dun feito delitivo" contra a seguridade viaria por parte do ex-presidente da Deputación de Ourense.
Denuncias, folga de fame e acampada: os bombeiros comarcais amplían a protesta
Advirten de "nulos avances" na negociación dun novo convenio e acusan a Xunta e deputacións de "constantes mentiras" e "ignorancia". Reclaman tamén a dimisión do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.
Sánchez mantén o núcleo duro do Goberno, con Calviño e Díaz de vicepresidentas
Reforza a Bolaños, que será ministro de Presidencia e Xustiza, e ascende a María Jesús Montero á vicepresidencia cuarta nun executivo no que Igualdade volve ao PSOE, no que non haberá carteiras para Podemos e do que cae o galego Miñones.
Penouta: a mina do 'ouro negro' que une empresa, sindicatos e partidos contra o TSXG
A paralización cautelar en Viana do Bolo da única explotación mineira de coltán en Europa, ditada por unha sentenza xudicial, ergue as protestas de concellos, Xunta, traballadores e organizacións empresariais contra a decisión, impulsada por unha denuncia de Ecoloxistas en Acción, que advirte da contaminación da Rede Natura.
- 📺
- Política
Os bombeiros comarcais endurecen a protesta contra Xunta e deputacións
Persoal contra incendios, que suma cinco meses en folga, leva as súas protestas a Santiago e advirte de que recruará as mobilizacións se as administracións non buscan xa solucións a un conflito enquistado.
Pedro Sánchez, presidente por maioría absoluta para unha lexislatura "complexa"
O líder do PSOE obtén 179 votos a favor, sete máis dos logrados por Feijóo e doce máis que hai catro anos, e confirma a presidencia dun novo goberno de coalición progresista apoiado polas forzas soberanistas.
Sánchez e Rego alentan o acordo PSOE-BNG para "superar anos de inacción e retroceso en Galicia"
"Oxalá o cambio chegue á Xunta e poidamos impulsar a axenda de transformación para Galicia", dille o presidente do Goberno de España ao portavoz do BNG, advertindo da necesidade mutua para unha mudanza política na Xunta.
Feijóo acusa de "corrupción" a Sánchez, que denuncia a súa etapa na Xunta: "Nin moderado, nin bo xestor"
O presidente do Goberno de España responde ás críticas do líder do PP lembrando a "fracasada fusión" das caixas galegas ou o elevado aumento da débeda galega e advirte que Manuel Fraga "sae gañando na comparación": "El distanciouse do franquismo e vostede afástase dos principios democráticos e desfila cos franquistas de Vox".
Sánchez defende a amnistía para manter o "muro" fronte ás "forzas reaccionarias"
O líder do PSOE avoga pola súa investidura advertindo da alternativa que suporían as "dereitas retrógradas" de PP e Vox e pola amnistía para "consolidar os avances logrados". Di apostar polo "diálogo e o perdón" fronte á "receita" dos populares que "conduciu ao desastre en Catalunya".
Galicia acolle a primeira sentenza que recoñece a indemnización a un pai por negarlle o plus de maternidade
O TSXG ditamina por primeira vez indemnizar un pensionista ao que a Administración lle denegou o complemento. A Seguridade Social deberá aboarlle 1.500 euros polos prexuízos que lle causou esa "discriminación".