Un de cada cinco escolares en Galicia sufriu acoso e o 85% dos pais non cre que os seus fillos o provoquen
O 20% da rapazada di ter sufrido bullying e o 23% das familias considera que os seus pequenos sufrírono algunha vez, segundo un estudo publicado con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.
O conflito dos bombeiros recrúa: Xunta e deputacións cargan contra unhas demandas "inviables"
José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, cualifica de "inadmisible" a petición de suba salarial, acusa os traballadores de "mentir" e advirte dun acordo "complicado". O persoal contra incendios volveuse manifestar por un convenio digno na capital lucense.
O Estado recoñece e repara a Castelao na homenaxe ás vítimas da represión á que rexeita ir Feijóo
O escritor e político galego foi un dos 18 persoeiros recoñecidos este luns polo Goberno de España no 'Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura' ao que non acudiu o ex-presidente da Xunta e líder do PP.
A loita dos bombeiros contra a precariedade: o vello conflito que deixou a privatización
As protestas do persoal de extinción dos parques comarcais por mellores salarios e máis medios teñen a súa orixe na desprivatización dun servizo que ata hai pouco dependía das concesións a empresas e que mantén moitas das eivas daquela época.
- Interactivo
- Acontece
O Defensor del Pueblo localiza abusos sexuais na Igrexa por toda Galicia
Estima que o 1% das persoas sufriu abuso sexual infantil nun ámbito relixioso e identifica 42 lugares en Galicia nos que houbo polo menos un caso, indicando que a arquidiocese de Santiago foi das máis colaboradoras e a de Mondoñedo-Ferrol, das que menos.
"Pobres, nunca máis": os bombeiros seguen na rúa tras rexeitar Xunta e deputacións as súas demandas
O persoal de extinción maniféstase ante a sede do ente provincial da Coruña tras superar os catro meses de folga. As administracións cren excesivas as demandas salariais dun colectivo que cobra de media, segundo denuncian, 1.200 euros ao mes.
A Xunta reordenou as liñas de bus sen ter en conta os medios de transporte de cada núcleo de poboación
O Consello de Contas revela que algunha concesionaria "non tiña intención" de pagar o canon fixado pola Xunta e que esta non verificara o cumprimento desa obriga ata que o ente fiscalizador iniciou a súa auditoría.
- Datos
- Economía
Galicia non tiña unha taxa de paro tan baixa desde antes da crise de 2008
Sitúase no 9,3%, a menor desde a caída de Lehman Brothers hai quince anos. Entre xullo e setembro creáronse en Galicia 14.200 empregos e a poboación activa alcanzou a maior cifra en 17 anos.
O profesorado mobilízase contra o acordo educativo nunha folga que a Xunta reduce ao mínimo
Os sindicatos cifran o seguimento do paro en máis dun 60% e Educación redúceo a pouco máis do 15%. CIG-Ensino, STEG e CSIF advirten de novas mobilizacións se a Consellería non rectifica e abre negociacións para "superar" o pacto "das renuncias".
- 📺
- Política
España ve "máis cerca" a oficialidade do galego na UE malia o receo de países bálticos
O ministro Albares sostén o "avance" da "proposta adaptada" que fai o Goberno, que "se circunscribe exclusivamente ao caso de España" polo "caso único" do galego, o catalán e o vasco na Unión. Lituania e Letonia amosan o seu escepticismo ante a proposición.
A folga no ensino mide o malestar e a división tras o acordo sen apoio da maioría sindical
CIG-Ensino convoca o profesorado a un paro este martes co apoio de STEG, CSIF e CUT contra o pacto educativo asinado entre a Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UGT. Cada centro escolar decidirá os servizos mínimos.
A obra "monumental" sobre o golpe e a guerra civil en Galicia que racha tópicos desde a periferia
Un novo traballo no que participan unha vintena de investigadores supón a maior investigación contemporánea sobre o conflito no país, baseada na idea do territorio galego como laboratorio do fascismos para a construción do que logo sería a ditadura. Falamos cun dos coordinadores do libro.