- Datos
- Economía
A fin do verán destrúe 6.800 empregos en Galicia e fai subir o paro en case 3.000 persoas
O ritmo de crecemento do desemprego foi tres veces maior ao da media estatal, sendo a galega a terceira comunidade autónoma na que máis creceu en cifras totais.
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
A semana en que Feijóo pediu ser investido líder da oposición
Tras constatar hai dous meses que non tiña apoios para ser elixido presidente, o popular deu nos últimos días, na rúa e no Congreso, os primeiros mitins das próximas eleccións xerais para chegar á Moncloa "se non agora, pronto"
Feijóo repite fracaso na investidura mantendo o idilio con Vox e compracendo a ala dura do PP
A maioría absoluta do Congreso volveu rexeitar a candidatura á presidencia do líder do PP, que pediu unha repetición electoral e tirou do seu discurso máis duro para certificar a súa alianza coa ultradereita e un menor apoio aínda entre o resto da Cámara.
A UE volve apercibir a España pola insuficiente Rede Natura mentres Galicia segue a incumprir obxectivos
A Comisión abriu un novo procedemento de infracción ao Estado por "non ser suficientes" as zonas, especies e hábitats a protexer. Hai dous meses, insistía en que a protección por parte da Xunta "non cumpre" cos requisitos comunitarios.
- Reportaxe Cambio climático
- Movementos sociais
Seis mozos portugueses levan 32 Estados ante o Tribunal Europeo de Estrasburgo por inacción climática
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos iniciou este mércores o xuízo contra varios países a raíz da demanda presentada por un grupo de rapaces que alegan terse vulnerado os seus dereitos pola falta de medidas contra o quecemento global. Os graves incendios de 2017 en Portugal inspiraron unha loita xudicial que pode supor un precedente histórico.
Feijóo usa a investidura para entrar na precampaña galega e atacar o BNG e a Besteiro
Na réplica á intervención de Néstor Rego, o líder do PP aproveitou para atacar con dureza a formación nacionalista, pero tamén o PSdeG e o ex-delegado do Goberno, que di estar "plenamente convencido" do adianto electoral en Galicia.
Feijóo certifica o fracaso da súa investidura tras reafirmar a súa alianza coa ultradereita
A maioría absoluta do Congreso rexeita o primeiro intento do líder do PP para ser presidente, con 178 votos en contra da súa investidura fronte aos 172 a favor. O candidato popular só logra o apoio de Vox, UPN e Coalición Canaria.
Da "imposición" ao "karaoke": Feijóo minimiza as referencias a Galicia e ataca o uso do galego no Congreso
O líder do PP presume de autonomista e de ser "sensible coas linguas cooficiais" para logo criticar o uso de todos os idiomas na Cámara Baixa durante as súas intervencións na sesión de investidura.
A enfermaría galega volve á rúa contra a "precariedade" no Sergas e ameaza con folga
As enfermeiras, convocadas polo colectivo A por Todas, mobilizáronse en Lugo, Santiago, Pontevedra, A Coruña e Monforte contra a "deterioracion progresiva" das súas condicións laborais e non descartan un paro se a Xunta non senta a negociar.
- 📺
- Política
Pedro Sánchez apela a Rosalía e defende o uso do galego no Congreso: "Era imprescindible"
O presidente do Goberno de España defende a utilización de todos os idiomas oficiais na Cámara Baixa e carga contra quen "inventa batallas ou conflitos onde só hai normalidade democrática" na celebración do Día Europeo das Linguas no Instituto Cervantes, onde o Consello da Cultura depositou o legado rosaliano. A súa presidenta instou a "recoñecer a diversidade como riqueza" e a "non pretender que todos os pobos nos uniformicemos de acordo a un padrón que nunca foi común".
- Crónica
- Política
De usalo como ariete político a negarlle espazo: o trato ao galego sinala a PP e Xunta 15 anos despois
No outono de 2008, Feijóo anunciaba que derrogaría o decreto do galego se chegaba a San Caetano e empezaba unha campaña contra a lingua que mesmo levou a Rueda a manifestarse xunto a Galicia Bilingüe e encheu de críticas o PPdeG. Década e media despois, os reproches chéganlles aos populares e ao Goberno autonómico por rexeitar o uso do idioma propio no Congreso.
A CRTVG afronta o último dos xuízos tras as demandas por posibles represalias a persoal crítico
Logo das tres vistas anteriores, a Corporación enfróntanse á vista polo caso de Mayte Cabezas, trasladada do seu posto na TVG durante décadas días despois de criticar a Feijóo nas redes sociais.